miércoles, 26 de agosto de 2009

REGATISIMA DO BAO "A REGATA"

O longo dos días previos a meiga do vento pronosticaba unha forza 4 para a hora de regata, a verdade e que non poido ser mais diferente, a hora da saida unha "placida" calmería facía que o sol dorara sen piedade as cabezas de todos é decir, en argot, unha "solleira" de primeira. O sea que, pronostico a tomar vento !!!.




A regata saeu no medio de esa desesperante situación, Dorado que tras ser o primeiro en armar, con diferencia, e que se veu afectado porque o temón non lle entraba, incluso "Chica" tivo que tirarse o mar, decía que non tiña importancia pois ninguén podía "irse".

Así as cousas oubo duas opcións na saida, os que foron cara a Vilanova, para virar no medio e os que foron cara a Riasón e tratar de pillar a boia que estaba o Norte da Escola, antes das bateas.



Por momentos no medio de esa calmería uns iban o outros viñan tratando de buscar o refacho que inflara a vela, nun principio calquera apostaría polos que foron buscar o vento cara a Vilanova, pero foron os que optaron por unha acción intermedia saida cara Vilanova e doblando rapido a Riasón os que pasaron primeiro: Bazarra, Jalerna, Caracola, Xarandeira e Necora en moi pouco espacio, ata esta boia unha bolina, da boia o paso de embarcacións pola Ponte unha popa, que matizaría distancias, logo o paso pola ponte e un rumbo a un largo que supuxo o paso pola batea de vixiancia que Xarandeira adiantara a Caracola e presionaba a Jalerna e Bazarra, así no rumbo de volta cara a ponte a Jalerna marcaba unha diferencia clara, perseguida, por Xarandeira, Bazarra, Maristela, Pereka, Cariñosa.


Pero en esto chegou o convidado que ninguen esperaba, eran o redor das 17,00 h., mareas vivas moi vivas de un coeficiente de 3,9 m. unha sinon a mais alta marea do ano e no Bao, baixo a Ponte a marea ten unha forza impresionante motivada polas columnas e a necesidade de pasar por entre elas.

A Jalerna viña de primeira, detrás .... e ahí escomezou a historia de novo, entre boias, columnas, dornas que aindan pasaban, e forte correntada a jalerna non da pasado, a Bazarra intentao como pode, cruzan primeiro a ponte cara o Bao a Xarandeira e a Maristela. E cousas do destino, a Maristela cruza segunda, mentras a Jalerna manobraba e voltaba a manobrar, mais entre a correntada e as dornas que ainda pasaban vese abocada a zafarse do pilar axudandose das mans o que lle supuxo unha virada de sanción e quedar outra vez sen pasar a ponte, rematabase a regata polos primeiros postos para esta dorna, Claudio en terra lamentabase amargamente.


Zafados da Ponte os primeiros eran Jalerna, Xarandeira, Bazarra e Cariñosa detrás outro grupo, Forza R, Perka .... e despois o resto, que de un xeito mais ou menos divertido loitaba por facer os rumbos en contra da temida correntada. Por estas o vento xa tiña aumentado, e sin ser forte, permitía unha navegación clara e rapida, ainda que de cando en vez algún que outro refacho daba sorpresas. Poderíamos decir que a regata entrou nunha situación de impas ata a volta seguinte, como decía o vento era o mesmo para todos non tiñamos ningún rumbo dificil e simplemente as dornas acercabanse ou alonxabanse sen repercusión de importancia. Si todo así ata o tramo final.




Quedaba a temida segunda volta e decir voltar a pasar pola Ponte coa correntada en contra. Nos adiantamos na navegación e imos o paso da batea de vixiancia, praia Sur do Bao. Parecía que casi todo estaba vendido. Xarandeira-Jalerna-Cariñosa disputaríanse os tres primeiros postos, esa era a emoción, detrás: Pereka, Bazarra, Forza R, Necora, Larpeira e un rosario ata a última.




A aproximación a Ponte era tensa, Xarandeira, Jalerna e Cariñosa, por este orden, trataban de imaxinar o cambio para non padecer contra as columnas, ninguén dos tres tiña ollo para outra cousa.




A Xarandeira fai a primeira aproximación cando de repente pegada a Ponte, tapada polo sol de fondo aparece unha dorna nunha forte bolina, dereita, decida e con forza, quen é?, detrás veñen outras dúas, coa mesma decisión.

Cruzan a Ponte, 1º Bazarra, 2º Forza R, 3º consigue ser a Xarandeira, 4ª a outra "intrusa" a Pereka e 5ª a Jalerna. Xa ninguén a moveu, da Ponte a Praia do Bao unha tensa espera hasta celebrar a posición. Fantastica bolina de Bazarra, Forza R e Pereka que mais arrimadas a Ponte aproveitaron un refacho que sorprendeu os "escapados", que lles permiteu arrimarse para facer o cambio con velocidade e non verse enrredados pola correntada. Magnifica a regata da Jalerna, onde Ricardo e Cartarola, estiveron sempre diante, non menos a Xarandeira, e de quitar o sombreiro a reacción final dos gañadores que souperon leer a regata e aproveitandose da marcaxe que levanban os destacados, coláronse para gañar.

Quen daba mais?

martes, 25 de agosto de 2009

REGATISIMA DO BAO "A SAÍDA"


Im presionante, E mocionante e Fan tastica, así foi a XX adicción a Regata do Bao, e o meior o resultado, porque o final dous veteranos pacientes domadores de "podréns" e come km. de onde teñamos que ir pola fé, levaron o dereito a ser recordados como tales, GAÑADORES !!! (estaba apensar en aquela de ... quen somos? .... gladiadores!!!!.)

Luis Da Fonte, probablemente o meior fotografo da Regata do Bao, preparándose. Monica facendo de Luis.


Como sempre as 16,00 a tensión palpabase na mallante, Xabier como premonición do que acontecería manifestaba o seu nerviosismo pola regata. Non poideron estar todos os que quixeran estar, pero ainda así a participación foi boa, notouse Combarro, tamén que a calma "embarrou" a algunha dorna de Lajareu e as tipicas celebracións de verán as que non se pode faiar. Así a todo unha moi boa participación.











Un participante tratando de concentrase e "visionando" a saida, facía un sol !!!










Uns levano de un xeito outros de outro pero a verdade e que esa espera por veces faise longa, os nervios ou a inquedanza, fanse notar. O amigo Felipe, aguantaba o sol.


Ahí a vai, o xuiz abreu a veda, a correr!!!


Que decir da saída, espectacular como sempre, momentos de diosssss!!!! que fixen para mereser esto!!!!, cando xa casi tes todo armado para sair e algo faia ... a a saida da regata do Bao.











Dalleeee!!!!!!, que non vai!!!!, dalleee!!!!, "por Dios Carlos, enciendelo !!". Como sería a conversa entre "Chica" e "Dorado".







Solo a ti se che ocurre poñer a lavar a vela na saída !!

"por Dios Carlos ....." na versión galaica, me cagin'aaaa!!!!! ...


Outros tranquilamente iban saindo, difrutando, sen tensións, vaass?, si xa vaiii, veña, avisa cando esté. Con calma, disfrutando. Na foto o amigo Xocas un apaixoado de poñer temóns disfruta coa manobra.

E o remate de esta frenetica situación esperaballes .... A CALMA !!!

A dirección de este blogue, mostralle o seu agradecemento a todos aqueles que protagonizan estas imaxes e pidelle perdón a todos aqueles ou aquelas, que se viron abocados a situacións "Carlos por Dios ...!!!", xa sexa por mor da correntada, das súas gañas de vivir ou do seu espiritu competidor, que aquí non están recollidos, nos sepan comprender.

Mañán mais.


viernes, 21 de agosto de 2009

NOTICIAS DE REGATAS


miércoles, 19 de agosto de 2009

DORNA DORNA 5

Xa imos chegando as velas. A min da vela o termino que mais me impresionou foi o da "badasa", e increible e realmente foi dificil entendelo, podese confundir co sotavento, pero non é o "sotavento" unha tarde con Moncho e él a explicarme e ... . E claro agora van as preguntas que me fago: chamaranle "badasa" por Palmeira?, existirá a "badasa" fora da Illa?, soio os da Arousa teñen ...?

LEMBROVOS QUE PARA VER O DETAIE, tedes que premer sobre a foto.




Realmente existe a "badasa"? ou alguén nos está a tomar o pelo?

lunes, 17 de agosto de 2009

DORNA DORNA 4




Esta é a dos espacios que vos decía, o final amañei e poiden poñela. Aquí podes ver como o panel ou banda de meo, no Grove tamén se lle decía "arca". Como na Illa se decía "cofiño" e no Grove "cofete". Agora teríamos que pillar o de Castiñeiras e ir mirando as diferencias.




viernes, 14 de agosto de 2009

DORNA DORNA 3

Como sempre aplicade o dito, dixeronme que se chambada así, en cada porto moitos mariñeiros.

DORNA DORNA 2

DORNA DORNA

Dentro da cruzada "podrén" para o coñecemento da dorna e as súas partes, atrevome a poñervos uns dibuxos que fixen hai uns anos, cando me dou. Da miña colleita soio son os debuxos os nomes debollos a xente como os Monchitos a tropa da Escola, algún vello mariñeiro que me acompañaba no lavadero de S. Tomé en Cambados e a Manolo Parada (e familia) que o saben "casi" todo da dorna.
Como vedes cada cousa ten varios nomes si pon unha "G" e que é propio do Grove si por contra por unha "I" e da Illa e creo que "R" Riveira ....
Fixeno por partes, en esta tocalle os remos, varas e verga.
SI QUEREDES VELO BEN TENDES QUE PREMER SOBRE O DEBUXO

lunes, 10 de agosto de 2009

ESTOS TEMPOS DE REGATA


A dorna do "Caramuxo" boga nas regatas en Cambados, este pobo tivo unha grande sona en toda ría polas súas boas tripulacións a remo, "eran imbatibles" logo co tempo ... perdeuse.

Hoxe estou escribindo esto despois de ter que tomar a decisión de aplazar a Regata do Albariño que tiña que terse celebrado o pasado día 8, sabado. Ter que decidir suspender unha regata e fastidiado, a realidade estaba a favor da suspensión, ainda que sempre alguén dirá "que non iba tanto vento", pero sería de tolos desenvolvela con unha previsión de forza 5 e non porque as dornas non naveguen con este vento, si non porque non está permitido pola lei facer unha regata con mais de 16 n/h. e decir forza 4 max. A mañan espertabame coa noticia de que a un compañeiro o tiveron que ir a buscar xa de noite, pois co vento non era capaz de quitarlle a auga a dorna que tiña cu arriba. Cando aprenderemos?.

Tamén este ano para min está a ser moi estrano, pois ainda non poiden asistir a ningunha regata, o cal non quere decir que non me entere, pero o traballo o tempo e os rigores fisicos, teñen provocado o meu afastamento, hai anos así, dou fé, mesmo te fan pensar e a verdade e que mais ben sería chamarlle "malpensar". Será uha fase.
Bueno pois como decía está tempada está a ser irregular, porque ¿?, pois porque estabamos acostrumbrados a presencia ou dominio de unha embarcación ou outra, lease "Necora" ou "Cariñosa" con outras leves aparicións, pero o de este ano resulta impresionante.




Sacarlle o sombreiro a familia Parada que este ano está na de eles, a "Fuxe" atopase a gusto e estao a amosar. O mais senlleiro cicais a Volta a Illa onde fixeron primeiros, logo tamén primeiros na Regata da Dorna, e decir en duas das grandes, na "navegación de altura". Manolo e o resto da familia Parada están para foto, pois non repetiron tripulación, irmáns, sobriños, netos, fillos, non collén na foto, pero a "Fuxe" e moito, e bon facer de esta familia moito mais, e lembremos que Cambados daselle ben .

Tamén a "Bazarra", Pardavila anda fino e este ano disputa polos primeiros, como sempre, pero con mais dente, él gañou a Regata dos Faros no Grove. Logo tamén a "Cariñosa", a "Necora" ou a "Jalerna" onde Cartarola quere escomezar como rematou o ano pasado, na cabeza.



O denominador común a todalas regatas foi ese ventiño "andador" tirando a fresco que non molesta e fai disfrutar facendo deporte a aproveitando habilidades.



E chegada esta altura do ano, ainda esta media tempada no mar: Bao, Albariño, San Vicente, Palmeira e Marisco, casi nada. Esperemos que veña o bon tempo e o vento nos da para disfrutar.


Por certo Bao e Albariño, están aprazadas, ainda que a primeira parece que se celebrará o 22 de agosto a do Albariño está a espera. E esta fin de semán que ben a de San Vicente, con saida e chegada en Pedras Negras.
Fotos. coor Luis da Fonte, antiga ...