martes, 21 de octubre de 2008

ADIVIÑAS 2


Pista: no ollar de Manuel Antonio.
Este non leva o nome posto.

lunes, 20 de octubre de 2008

ADIVIÑAS

Este é un anaco da nosa costa, que tamén ten un Faro, e a PISTA está en que tamén ten un pequeño porto que se ve na foto, si vos digo mais xa sabes onde está o faro.


Si esta foto fora do Instituto de Estudos Miñoranos tería o nome e con ela estarían todolos nomes de pedras, recunchos ... talasonimia ou thalasonimia, veñeno de facer dende a Garda ata Ría de Vigo todo un interesante traballo os dos IE Miñoranos, por evitar a perda dos nomes do mar.

martes, 14 de octubre de 2008

MUROS SEDE

Xa se decideu, será Muros a sede do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, así informou a Xunta Directiva da FGCMF. Desenvolverase do 8 o 11 de Xullo.

Sorte e bon vento

martes, 7 de octubre de 2008

MAIS DE REGATAS


Cartarola e a súa "Jalerna" están que se saén neste remate de tempada, terá que ampliar a "alacena" para poñer ceramica "Calmoseira" "Meloxo" e "Marisco" tres foron tres, as tres últimas. Os meus PARABENS Carta.
Lembrar que o 18 próximo e a cea de despedida da Escola-FGCMF.

BARCOS BARCOS E PERSÓAS.


Rematou o fin de semán, aínda non rematou a semán que entra e todo segue a bon ritmo.


A que pasou foi realmente impresionante, todos somos diferentes, gordos, baixos, loiros, canos etc. mais si poiden percibir algo que nesta semana pasada me impresionou. Cando xurdeu na mente de Avelino Ochoa, de Pedras Negras, o da Mostra de EETT. eu non podía imaxinar que todo fora como foi, sabía que sí, no meior dos casos, pero non o cuantificara. Sabía que a FGCMF ten un equipo humano dificilmente superable, levao amosando por todo o mundo-mar-rio dende hai tempo, pero pensar que no mes de outubro poideran xuntarse 25 embarcacións o redor dunha chamada de "vinde aquí!" eso foi impresionante, e todas diferentes, por eso PARABENS AMIGOS, loiroscanosgordosaltosflacosbaixoshomesmulleresblancosnegrosoudecolores/os/as da FGCMF.





Tamén foi agradable percibir o pracer de coñecerse e o interés por que esto acontecera, foi o caso dos blogers, fiandeiras da tecnoloxía que como o traballo moderno "faise dende a casa", estou a lembrar unha canción que fala do "pracer de sentirse xuntos para compartir" pois eso foi o que coordinou Mar (gracias), o "pracer de sentirse xuntos" e compartir e disfrutar.


Do mesmo xeito sempre me abraiará a capacidade do Sr. Mörling e Chefa, para sentarse entre alleos coa confianza unificadora das augas dos barcos, da mestura dos cheiros das singularidades, independentemente do poderío do seu coñecemento está por riba o poderío da súa capacidade comunicativa, a sinxela conversa, da atención indiscriminada que nos presta a todos. O seu entusiasmo, que ben o fai.