jueves, 1 de octubre de 2009

Carabeus e Barbas de Ghato.


Cada día que vexo unha dorna no Grove vexo "carabeus", estaba votandolle un ollo o libro de Olegario Sotelo "Xentes do mar do Grove" e agás as da regata todalas demais levan os carabeus, día pasados comentaba con un historico o dos carabeus e o seu orixe meco, decir que estaba tamén un de "Portodeltrinqule" que tampouco sabía o que eran, o sea que ... muy mecos.

E este historico de barbas e pipa decíame que servían para amarrar a "barbas de jato", cousa que agora pouco se ve, por mor dos pantaláns e esas cousas. Outro decía que era eso das barbas de jato, pois esplicavamoslle que era amarrar un barco con dous rizóns pola proa, alguns poñianlle outro pola popa moi frouxo, que lle permitira ir os dous ventos, pero non irse de popa. En Triana, famoso barrio cambadés poñiamos as barbas do jato unha o sur e outra a "travesía" Oeste-suroeste que era onde facían dano os ventos, o rizón de popa iba frouxo moi frouxo o Nornordés, así o día que non tiñamos vento evitaba que o barco lle dera volta -coa forza da marea- os rizóns, ainda que sempre había quen pasaba de todo. Este xeito de fondear era moi propio das praias, onde non tiñamos peiraos, un cabo axudaba a outro e ...



Cando baixaba o mar (no inverno) e chovera, os mais curiosos tamén iban o barco a achicar auga, así o barco defendíase meior. Por certo si vos fixades na foto superior, tamén se adoitaba poñer unhas pedras enrriba da caña do rizón para que non viñera a garra e o barco fora contra outro. Tamén era importante fondear ben, respectandose, pois con tanto cabo e rizón sería doado que un acabara enrriba da uña do rizón de outro e adiós taboa. Por certo en estas baixadas sempre lembrarei a "andisía", que non sabía que se chamaba así, hasta que mo dixo Paco, son as ondas que deixa o mar na area, facer debuxos e cortalas coma proa o mar.

O que iba, despois de ver as fotos do libro de Sotelo (hai carabeus por todolos lados), non necesariamente estaban para ir a barba de jato, senon para difersificar o esforzo entre os dous, pasando este os corredores e liberando a proa, digo eu non?.

Dias pasados faciamos unha varada -acto do Ano Cabanillas- as dornas da ACD. Dorna maioritariamente e do CM. Salnés, onde estas dornas estaban hai moitos anos, ainda que son mecas, ningunha leva carabeus, porque están en Cambados.

Agora os arbores xa son outros, os fillos dos que facían a Alameda de San Tome. Juan, da Zenaida conversa con Suso que veu de Triana para San Tomé, logo tamén se acercou o Sr. Oliveira e o Sr. Cacabelos e o Sr. Costa que prometeu falarme das regatas, apura mentras poido, dixome con toda a coña. Tamén Cuca contaba as vistas dende a súa xanela ... Elvira decianos onde andabamos e as de Guimatur que nos votaban de menos, "que lle decimos os turistas, se non hai dornas?", comentaba. Esto de poñelas dornas a varar en San Tome e como poñer un palangre nun mar folgado de peixes famelicos.

Por certo para quen queira ver o espectaculo das dornas e Cabanillas (din que o mais bonito de todo o que se fixo, e foron moitos) está colgado en Yotube como "Homenaxe a Cabanillas" logo "Rimas o vento" ou dende o blogue dos do lado (ACD. Dorna), fermosisimas fotos.




2 comentarios:

homesdepedra dijo...

Para fondear a barbas de ghato hai que facelo sempre con vento "declarado".
Porque se cambia repentinamente a direccion do vento o virar a proa, soense liar os rezons e garrear a embarcacion.
unha boa solucion para iso e como ti dis, dar outro rezon a popa para prever os posibles cambios de direccion do vento.

Fernando dijo...

Ola amigo, vexo que alguns non fondeabamos en pantalán, efectivamente, así é, como decía o noso enemigo declarado rolaba de sur a SW ou WSW.