viernes, 30 de julio de 2010

XUNTANZA DE GALEÓNS

Hai iniciativas que están ben, outras moi ben, e outras moi oportunas e necesarias, así calificaría eu a I Xuntanza de Galeóns da Rabandeira, en Vilanova de Arousa.
Xa era hora e non podería ser de outro xeito, dende que hai anos Mascato e Rabandeira apostaran polo Novo Sofía o camiño non fixo mais que xuntar camiñantes. A demostración provocouse o pasado 24 de Xullo, vispera do día de Galicia. E non estaban todos, faltaban os que quedaron atrapados polas mareas da burocracia e o mar dos desplazamentos. Nada mais arribar a Vilanova atopabamos cascos, drizas velas e paus, un pau, dous paus, alquitrán, brillo, mimo e ... todo aquelo que conleva a recuperación de unha embarcación.

Acompañaban as historicas, as que tiraron do carro moitos anos, os barcos grandes que quedaron pequenos e curioso ver o tamaño da "enorme" noutrora "Nova Marina" o lado do recién botado "Industrial" agora "Manuyael-Industrial" e sin ir mais lexos, mesmo do "Nuevo Sofía". Tamén recentes incorporacións, dende Bueu o fermoso "Ave de Paso" do cal ainda nunca falaramos.

O "Luisa" que con tanto mimo coidan en Combarro, noutrora abandeirado da flota pesada, agora é un fermoso galeón de 8 metros, o lado do "Rei do Mar", ainda por aparellar, resulta hasta pequeno.
A intrepida Malena, fotografando para o blogue veciño da ACD. Dorna, ela é unha das súas "almasmater"

Tamén sirveu o día para recoñecer a un dos "chavales" do pelotón dorneiro e por extensión de todo o movemento asociativo José Paz Brión ou o Sr. José, como é coñecido. Dende Rabandeira quixeron recoñecer en este acto a súa dedicación. Quen non lembra o Sr. José mais a Claudio na "Maristela" en todalas regatas habidas. Hoxe o Sr. José regatéa co seu xenro e Claudio co seu sobriño, pero os dous seguen en activo, tan activo que está a facer unha dorna nova. Dende aquí lembrar tamén o Sr. Andrés de Riveira que pasados os 70 ainda daba guerra nos primeiros postos de calquera regata.

Hai uns meses dabamos conta da recuperación do "Industrial", no asteleiro de Aguiño, o día 24 de xullo o "Manuyael-Industrial" facía a súa presentación en sociedade, todo lustroso. Veu a remolque e sen velamen, pero en uns días a súa silueta será familiar na ría. E quen non o ve?
Alí a bordo do mesmo podemos tirar esta curiosa foto: Pedro Campos o cal hai que recoñecerlle a súa paixón polos galeóns e que estivo en Vilanova co "Silma", Luis Iglesias do "Novo Sofía" e Manuel Piñeiro do "Industrial" comentaban con interés, na cuberta.


A mañán era de verán, pero as prediccións meteoroloxicas, que daban vento, tamén acertaban, as triupulacións arremuiñabanse nas cubertas e polo peirao, esperando para sair rumbo a Cortegada, as esperanzas de facelo a vela, eran moi poucas. Tamén porque a dirección do vento era mesmo na proa.
Mentras uns esperaban, outros arribaban, era o caso da "Sara O." que co seu patrón Avelino Ochoa a roda, chegaba xusto para a partida. Alguén comentou, que existe moito interés por parte da Carpintería de Ribeira Galega de facer de esta embarcación unha embaixadora fora de Galicia do traballo que poden desenvolver dentro das embarcacións de lecer con "pedigree". Xa nos dirán.Avelino dixonos de que o vento andaba forte, de feito el soio dende o Grove fixo unha viaxe non moi placenteira, e toda a motor, a pesar de que "Sara O." está preparada para que unha persóa a poida manexar.
Ali no peirao, poidemos observar e admirar as recuperacións recién terminadas (Ave de Paso ou Eliseo .... e as que están en proceso, "O Rei do Mar" e o "Avelino Manuel" (pendentes de arbolar), non poideron estar o "Vieta", ou "Illa de Cortegada" e "RH1", que no veciño asteleiro de M. Mougan, na Illa, esperan turno para sair o mar.

Lucía tamén moi fermoso o "Evangelina I" de Rianxo, unha maravilla de 1.912, impresionante co seu desplazamento e o coidado que se lle administra. Comentaba o Sr. Rial, propietario, que da traballo, moito traballo, ter un barco de estas caracteristicas impecable o "Evangelina I" está perfecto.

A tripulación do "Eliseo" daba os últimos toques a maior, non poideron vir a vela dende Moaña, pois estaban de estrea e o forte vento non aconsellaba probaturas. Realmente a estampa do "Eliseo" de 1.908 é fermosisima.

Logo do acto de recoñecemento o Sr. José, douse a saida, tiñamos que aproveitar a marea, o horario debía ser cumprido o minuto. Os primeiros en sair foron "Sara O" e a "Fe em Deus" (que merece capitulo aparte).

Eliseo, Silma, Novo Sofía .... ofrecían unha imaxen impresionante o sair do peirao de Vilanova. Que boa idea xuntar a todos os Galeóns. A e por certo, a onde iban? bueno non o dixen. aproveitando a xuntanza de galeóns programouse conxuntamente coa FGCMF a "Travesía Xacobea polo Ulla de EE.TT." é en esa nos metemos. Proa Cortegada, no "Nuevo Sofía" as autoridades: Consellería do Mar, coa Sr. Conselleira de tripulante e Deputación de Pontevedra, a que nunca se lle pode deixar de agradecer o apoio que anos atrás nos prestaban para a construcción de embarcacións, debemos recuperar esas axudas.
O "Eliseo" nada mais sair xa quería votar as velas arriba, cousa que faría mais tarde xunto co "Nuevo Sofia" e "Ave de Paso", pero tiñase que administrar orden e soio sacaron o foque.

Outros como a "Rabandeira" instalaron para a ocasión un sistema de propulsión acoplado, que lles permiteu remontar o rio con todala flota.

Outro veterano, o "Nova Jorita", de Cambados, dende sempre con nos en todalas xuntanzas, non podía ser menos e alí estivo recién pintado e coa nova semente xa o mando, collendo o relevo de ... Sempre que o vexo navegar lembro a impresionante travesía que fixemos dende Cambados hasta Rianxo cando foi do Encontro do 1.999.

O meu querido "Luisa" en primeiro termo e "N. Jorita", o fondo, o "Nuevo Sofia" decidía facer un bordo a vela, acompañaronno o "Eliseo" e "Ave de Paso" a verdade e que a dirección do vento non permitía que fixeramos o rumbo previsto, en hora, navegando a vela.

Así mirando o fermoso espectaculo de mar e barcos, fomos encarando a desembocadura do Ulla deixando Corteghada pola popa e entrando de cheo na "Travesía Xacobea". Por certo para o ano navegaremos en Carril no Encontro e "veremos Cortegada deitada no mar".
Nos na "Sara O" fixemos o traxento no medio, e por atrás "Ave de Paso", "Fe em Deus" e uns "clasicos" que se acoplaron, xunto co "Chasula", que tamén estivo, pechabase a flota. O "Ave de Paso" e o que se ve en primeiro termo, está realmente fermoso.

Na medida que o rio se estreitaba os lombos de area impoñían a lei do calado, a flota poñiase nunha ringleira para evitar varadas non desexadas.

Na "Sara O." os patróns verificaba o rumbo. Carmelo, capitán da mercante, recordaba sensacións mariñeiras.
Divisando a ponte de Catoira todos escomezamos a agruparnos. Por certo a Catoira deixana "puenteada" por un lado o de sempre e por outro o de AVE. bonito, bonito ... non queda, ninguén dixo nada.

Fondeamos o carón das Torres do Oeste, os "pequenos" cruzamos a ponte os de mais porte tiveron que quedar antes. Logo da viaxe, o xantar, ali achegaronse tamén os tripulantes das embarcacións que non poideron subir, como a "Nova Marina", "Irmandiña", .... "Avelino Manuel" e todos xuntos fixemos mesa, onde non faltou o polbo.

Ali coincidimos cos preparativos da festa vikinga de Catoira, o galeón "Ursula" que nos fixo de guia, permanece todo o ano disfrazado coma un "drakar" para a ocasión.
E despois de xantar, para non perder a marea, partimos a libre alvedrío, de novo rumbo a Vilanova. As valquirias mesmo querían anunciar a nosa partida.

Como decía a libre alvedrío a a flota poido desplegar as velas e espallouse rumbo a Vilanova pola Ría. O vento no rio viña tan dereito que a "Nova Jorita" a volta, fixo o percorrido a ourellas de burro.
A "Fe em Deus" tomando rizos, largou a súa impoñente vela e foise co vento. Destacar a presencia de esta embarcación que unha vez mais acude a chamada, dende Povoa de Varzim, 14 horas de navegación, e alí estaban. Sempre con un gran esforzo pola súa parte, están con nos.

"Sara O" tivo que poñer rumbo o seu porto de O Grove, e con un ventiño ideal, poidemos disfrutar do seu navegar. Dixemoslle hasta outra a Rúa no medio na Ría, antes de poñer proa a porto.

Magnifica inciativa esta de Vilanova que fixo que o ano Xacobeo tivera a súa manifestación por parte das Embarcacións Tradicionais, coa convocatoria da FGCMF. Non sei si será cada ano ou cada dous, pero está claro que esta Xuntanza da Rabandeira, ten que ir para diante, semente hai.
Parabens a FGCMF. pola "Travesía Xacobea", será cousa de poñela no calendario.
E parabens a Rabandeira, non podía sair meior.
(PE: Agora que xa rematei o traballo por imperativo legal, haber si podemos entrar na tempada dorneira, que este ano e sinonimo de vento e aprazamento, con criterio.)