Delfina, Lola e Xenxa hai mais de 60 anos.
Do que quería falar e d@s actores, que alí estiveron 4 representantes, pola banda das Mulleres do mar Lola, Delfina e Xenxa, dende Cambados e polo dos Homes José ou "Vilas de Priegue" como era coñecido no seu barco e que viña da Ramallosa. Estiven tentado a decir polo bando "dos homes de ferro", pero nese momento lembrei precisamente a admiración que me levaban esas mulleres que necesariamente non podían ser de ferro, pois senon os tronos e a choiva do inverno impedirían a cantidade de xornadas que botaban na ribeira "o burato" ou o birbiricho e que diariamente vía pola ribeira de Fefiñans onde se asentaba o barrio de Triana ou pola Serrido de Mar de Frades e San Tome, como decía vran e inverno e que moitos días a voz de "ahí ven o marino!!" votaban a correr para non ser sorprendidas por aquel chaval que vestido de gris, facia o servicio militar na comandancia de Cambados e o que lle encomendaban escorrentar as mulleres, eu como neno, a apañar a caldeirada de birbirichos tamén teño corrido, era a xornada diaria.
Contentas as protagonistas posan a petición dos presentes.
Bueno pois despois de esto, cando vexo a Lola a Delfina e a Xenxa sacarse unha foto coa Sra. Conselleira, que me importa moi pouco neste momento o seu cargo pero si un moito o que supón para ese homes e mulleres que veña a Conselleira a sacar a foto con eles (porque si importa), pois enchome de alegría toda vez que supón o recoñecemento de ese traballo e a súa satisfacción.
E cando no Museo do Mar eles erán comidos a preguntas polos periodistas sentíame moi ben pois unhas os seus oitenta e tantos anos, quedarálles o recordo da xornada e diranllo os seus bisnetos e que o seu traballo existía, pois non sempre se tivo en conta. E a José, ese recoñecemento a labor dos mariñeiros que pescaron en Terranova e a él que tivo a audaz idea de mercar unha camara (co que lle debeu supoñer) e retratar os seus compañeiros no pasar da xornada.
Pois que cando un asiste a un acto ocmo este, encheselle os pulmóns, e vai mais contento para a casa.
Lola, José, Xenxa e Delfina de (Esq a Dta.).
E xa noutro orden, o veredes nas fotos, José Rodriguez "Vilas" e o pai de dous de nos da Ramallosa e decir, o amor do pai polo mar transmitido os fillos. E como nón o noso compañeiro Paco Fernández Rei, fillo de Xenxa Rei e sobriño de Lola coas dúas mozas octoxenarias. Non foi un conto de Nadal, foi unha historia de verdade, en Nadal.
José Rodriguez "Vilas" cos seus fillos.
1 comentario:
Feliz Ano 2009. Fernando.
Unha aperta, amigo.
Publicar un comentario