jueves, 15 de enero de 2009

2009 ANO CABANILLAS



Como puxen por ahí o lado, Cabanillas finou no ano 1.959, polo que neste 2.009 teremos a ocasión de recordar o 50 aniversario do seu pasamento.


Como cambadés pareceme moi ben que se recorde esta figura tan importante na literatura de Galicia. Tamén me parece moi ben que para a ocasión se creara unha Comisión Organizadora e esperemos que teña exito, sin que ninguén poña a voz mais que para o feliz desenvolvemento do acontecemento, por eso tamén me complace ver que son os tres grupos politicos que compoñen a lista de concelleiros en Cambados o PP, PSOE e BNG, aconsellados por homes ben coñecedores da vida e obra de Don Ramón: Luis Rei -quen meior que él o coñece?- e Francisco Fernandez Rei "Paco" que decir ... , os que compoñen esa Comisión. Tamén se anima as asociacións e o pueblo de Cambados a participar, a verdade e que pinta ben.



O primeiro acto foi a representación da obra teatral "A ofrenda das fadas no portal de Belén" escrita no ano 1.958 e interpretada hoxe polos alumnos do IES. Ramón Cabanillas, e antes por rapazas de Cambados no nadal do pobo, na sala a Xuventude Catolica o mesmo remozado teatro de hoxe se fixo.

Nenos e Nenas do IES. R. Cabanillas, na representación.

Neste acto tiveron cabida outras intervencións: a da Concelleira de Cultura de Cambados Anabel Carro, que fixo a presentación e exposición do que supón o evento e tamén a de Francisco Fernandez Rei que glosou a figura do poeta. A das primeiras Fadas, que recibiron a súa homenaxe recordando a quela intervención e mesmo dunha representación do conservatorio da vila que puxo o punto musical.
Nese acto anunciouse que como un acto mais do "Ano Cabanillas" a Real Academia das Letras de Galicia reunirase, unha vez mais, en Cambados para homenaxear deste xeito a figura do noutrora tamén academico.



Especial interés tuivo a intervención de Fernandez Rei, que fixo un repaso pola figura de Cabanillas, dou conta da súa obra, dos avatares da súa vida e tamén puxo de manifesto a sociedade e o tempo no que lle tocou vivir, tan variado e convulso. falounos dos seus sonos, das súas teimas e sobre todo da visión que Cabanillas transmite de Galicia na súa obra, que nin siquiera o periodo da posguerra logra borrar e que él habilmente expresa en obras como a que alí se representaba onde as fadas, falan no escenario en palabras de Luis Rei da súa expresión literaria de Galicia.


O remate as fadas orixinarias ou en algún caso os seus descendentes, recibiron un agasallo para conmemorar a estrea da obra e recordar o que significaba en aqueles días.




Esperemos que esta celebración do "Ano Cabanillas" sea todo un exito e unha vez mais se contribua a difusión da súa importante figura.
Fotos: B. Leiro

No hay comentarios: