Fai tempo que tiña ganas de voltar a pescar, de cando en vez enganabame collendo unhas luras ou chopos, a verdade e que se pasa ben, hai que ter maña ou man .... e teñen un sabor agradable, pero o de pescar é outra cousa, a sensación da picada da incerteza do que poida picar e mais, si a zona de pesca se presta os "peixes do revés" e decir as excepcións, esas que marcan unha xornada de pesca pois entón todo escomeza a ter outro sentido.
E iso foi o que aconteceu un de estes últimos fin de semán, Avelino o meu veciño tiñame convidado a sair a pescar con él, no seu barco a verdade e que ganas nunca me faltaron para acompañalo, pero nunca lle puxen o día, eso tornou o sabado pasado, cando acompañados por Lino Prieto e o Sr. Juan cara as 8,20 horas saiamos do porto de Pedras Negras rumbo a Illa, aclarar que para a xente de Bueu, Portonovo ou S. Vicente, "a Illa" non é outra mais que a de Ons, era de noite e pouco a pouco escomezaba a albear un día que resultou "de verán".
Nunca pescara por Ons, en realidade moi poucas veces saíra fora de Ría de Arousa, a miña máxima sempre foi "para que ir a buscar lonxe o que teño perto?", por esto debo recoñecer que tiña unha emoción especial na xornada, poderanme decir que me deite as 10 a mañán ou que non durma en 2 días, pero que non me digan que me levante as 7 da mañán, xa sei que para moitos e normal, pero .... outros son loiros, baixos, fracos ... a cousa escomezou con que non me sonou o telefono mobil, pero puntualmente os meus ollos abrironse as 7,00 horas, (aclarar que eu creo na telepatia ou na forza dos acontecementos ... ) o caso e que dormín perfectamente ata as 7,00 pero puntualmente a esa hora (a marcada por min para espertar) clink!! ollos abertos, ollei o Tf. e erán as 7 ¿¿ arriba!!, non era cuestión de facer esperar a naide.
Saimos cara a Illa, tranquilamente, non sei que pensaría o patrón, Avelino, a marea non era a meior, pero podíamos coller a baixada o cal tampouco era malo, a min Lino puxerame as espectativas moi altas, o sea que .... mais valía que acertara, poñome no seu pelexo cando son eu o patrón e non me gusta que cando teño un convidado a xornada non sexa boa.
Xa de día chegamos o entorno de Ons, Avelino escolleu posta e dispuxemonos a probar o 1º en subir un peixe foi Lino, logo a Sr. Juan e así pouco a pouco o cesto iba collendo fondo con pintos e martelas de 1/2 kg. mais ou ... menos. Pero ainda que os veteranos queixabanse a min a cadencia que tiñan as picadas sin ser excesiva pareciame interesante, e mais interesante a incertidume do que podí apicar, e así foi, de repente o patrón, sin poñerse nervioso deixa ver que sube un bo peixe, e si que foi bon uns 3 Kg. pesaría o exemplar de pinto de Avelino, sin despeinarse e sin botarlle o trueiro sacouno a pulso do mar, a verdade, espectacular, o Sr. Juan outro veterano, sin chegar a eses tamaños, sacaba tamén boas pezas e variado que si un sargo subia do 1/2 kg. longo que si un pinto de mais de 1 Kg. que si ... él puntuando seguido, o lado Lino Prieto, mais un servidor seguiamos rumbo subindo tamén uns peixes ou outros, o patrón que soio a final estaba contento co ritmo de pesca (xusto cando nos tiñamos que vir), amosou a sua caracteristica, que non e nin mais nin menos que a de ... temos que probar en outro sitio que non estamos pescando ben, eso define ós bos. O remate eu tamén tiven o meu premio, pero por riba de todo o premio foi compartir a xornada, un paisaxe moi fermoso con unhas condicións metoroloxicas de premio gordo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario