sábado, 19 de julio de 2008

BREST UNHA MIRADA

Bueno por donde queredes empezar?










Barcos e mais Barcos, moitos fermosos, outros fermosisismos e non poido ocultar a miña debilidade polas embarcacións tradicionais (en adiante ET.).




Os brestois, teñen moi ben organizado o montaxe, o centro: Galicia, Croacia, Noruega, goletas ... e ET,s. Polos costados Vietnan, Madagascar os exoticos e para que non perdan, colocanlle os grandes veleiros, esta é unha perspectiva da subida do río, pola beira do Museo, que son as murallas que podedes ver.

Quen non ten debilidade polos mascaróns, .... a pena foi que o non ter moito tempo, tiña que correr para poder votar unha ollada a casi todo, pois todo non o poiden ver.








O brasileiros non soio estiveron coas Xangadas, tamén trouxeron este espectacular navio escola.




Precioso foi velos desfilar pola noite, facendo un ballet de velas, con luces de fondo e unha música as veces fantastica outras ... quen será o pincha?.




Non era un soio, estaban alí un cantos. sempre como fondo o museo ou amurallamento de Brest.




















Non era unha piscina, os vietnamitas tiñan un estanque para o seu teatro de monicreques, foi unha pena non poder ver ningunha representación.





Xunto a estes decorados, tamén tiñan as súas curiosas embarcacións tradicionais, que outras veces temos visto en documentais ou peliculas.
Aquí esta unha en terra que nos amosa a súa curiosa tecnica de construcción. Que simple.











Xa vedes como quedaban na auga logo de impermeabilizalas.









Tamén tiñan presente a súa coñecida vela, neste xunco(¿?)












E como podedes ver entre barco e barco ou stand e stand, o espectaculo seguía, un "mirage" supoño e o sua beira unha compañia de malabaristas.














Tamén no fondo do pabillón de Galcia nos poñían espectaculo, ali sobre o impreseionante mural de Grand Large, todo un simbolo en Brest, uns alpinistas facían danza pendurados o son dunha gaita, era fermoso.












O gaiteiro enrriba dos urinarios.



E por Noruega a forza da madeira, uns facían tellados outros barcos e outros ... sempre a forza da natureza bruta que teñen. Un "Village" con moita personalidade. Unha anecdota, o día de Noruega, pareceunos oportuno facerlles unha visita cos gaiteiros a modo de saúdo, chegamos en plena visita guiada -cortamoslles o rollo !¡ glub ¡!- o final saimos como poidemos despois de transmitirlles os nosos bos desexos e a "norueguesa xefe", preguntounos como non ibamos vestidos co traxe tipico do pais ¿?, que se lle responde a eso? e nos tan lucídos coas prendas celestes.



Este "barquito" estaba tamén perto do noso village, o "Kruzestern" ou algo así, impresionante.

















Por outros lugares entretiñanse cantando a calquera hora, esto era o que facían pola mañán a bordo de este barco noruegués.










E clasicos, todos xuntiños, nos sei cantos tiñan alí, pero non eran poucos.


Os nosos veciños, que polo día partían a facer excursións, tiñamos que pillalos cedo ou a tardiña cando regresaban.












Aquí pillamolos a todos amarrados, era pola mañán, logo sairían, como sempre facendo espectaculo. Que fermosisimas proas.

















Aquí ainda que parezca mentira estabamos nós, dificil de vernos, pero e que os nosos 25 representantes eran moi pouco en aquel mundo. Soio recoñecible o Hidría. Pinchade na foto e veredes o da "marea celeste"










De donde é esta embarcación?.....




Croacia, pero podería parecer de outro sitio, usabana para bogar, mirade o fondo da foto, erán impresionantes cando o facían no mar.














Tamén amosaban a súa laboura recuperadora ... podería ser un bote do Mediterraneo? tan semellante él os que miramos por Catalunya.












Eles tamén tiñan naseiro, non era tan templado como o noso Toño, o cesteiro, pero alí estaba o home.
Era simpatico, gastou algunha broma co conto de Asterix e Obelix, creo que polo de galos ......, non sei porque, ibamos Toño mais eu e preguntounos polo can, simpatico.








Alí estábamos, vistos dende Croacia, as nosas fasquías podianse adiviñar, dornas, carochos.













E o Hidria flanquedao por bretóns, cataláns, xaponeses, galegos e ...


















E co pesqueiro proveedor de centolos, así se miraba o noso espazo dende lonxe.











Como decía, barcos, barcos e barcos.








Teño algunha mais, e haber cando escomeza a descarga na páxina de FGCMF. ?.






4 comentarios:

Amiga Atlántica dijo...

Fernando, enhorabuena por el rumbo que está tomando tu blog y muchísimas gracias por este magnífico reportaje fotográfico que nos has hecho!!!
Creo que a todos los que no hemos podido ir se nos han puesto los dientes largos viendo la gran variedad de hermosas embarcaciones se se juntaron allí.
Te agradecería que si organizais algún tipo de encuentro para mostrar todo lo que aconteció en Brest me avisárais, por favor.
Muchísimas gracias otra vez y un fuerte abrazo.
Estoy intentando colgar un comentario en ela web de la Federación pero no me deja ¿¿¿???
Te lo mando a ti para ver si eres capaz de enviarlo tú, porfa ;-)


"Me sumo a las felicitaciones enviadas desde Ferrol, y envío desde la Ría de Vigo mi más agarimoso agradecimiento por este expléndido reportaje fotográfico que nos acercó un poco más a la Fería de Brest a todos aquellos que no tuvimos la suerte de estar allí.
Graciñas!!!"

O´Fartura dijo...

Ola Fernando:
Boa reportaxe.
Moitas Grazas.

Ola Mar:
A min tamén me da problemas ao enviar comentarios á Web da Federación.
Non sei por qué?

Fernando dijo...

Ola, os problemas na web da FGCMF. son para todos, e cuestión de insistir ata que colle a clave e vai adiante.
A verdade e que agora cando miro as fotos que trouxen, parecenme poucas pois había moito mais, pero o dificil era coller a verdadeira perspectiva da dimensión, por eso tamén tratei de dar a imaxen da feira, para que se transmitira o concepto de magnitude.
E este ano floxeou por mor do tempo, comentabame a organización que moitos barcos non chegaban polo temporal.

Bueno a seguinte será da reagata do Bao, espero, que é o día 2 de agosto.

Enredada dijo...

Qué maravilla de fotos, imagino el viaje: bonito y lleno de centolos, como tú :-)

Quises, ailovius y envidia chochina.