emocionante e fermoso, o son do bocinazo a estampida mallante abaixo e algo digno de ver, alguns nunca seremos os primeiros en armar ... pero que nos quiten o bailado. Case sempre a regata do bao era unha regata de velocidade, un triangulo e a correr, si cadraba vento norte faise polo Sur da Ponte si cadra Sur ou "un ventiño" faise polo Norte da Ponte, diante da Escola.
E esta e a secuencia de saída dunha regata do Bao, As fotos que emprego son en moitos casos de un amigo de Oporto chamado Luis da Fonte, este é un de esos casos. E que Luis e moi bon co ollo, unha magoa que agora sexa navegante e participe nas Regatas, acabouse o fotografo, pero bueno esperemos que Monica a súa moza recolla a testemuña.Podíades ver antes o ambiente previo, charlamos, imos chegando ata que estamos todos, porque neso as organizacións sempre teñen a deferencia de agardar un poquiño, si se pode a que chegue todo o mundo que se sabe que vai vir.
Rapidamente, cada tripulante ten a claro o seu traballo e a rapidez e a clave para unha boa saída.
Mentras uns ainda buscan a agulla do timón outros xa levan a vela o pau, os primeiros votan a andar.
Outros baten entre eles, pois as dornas están no mar, moitas sin timón e non se gardan coidado, bater unha contra outra con mais de cuarenta dornas e normal.
Esta é a saida donde dornas da Illa, O Grobe, Ribeira, Cambados, Vilanova, Cangas, Aldán, Portonovo ... e todo aquel que queira, xuntanse ano trás ano para deleite de todos.
E como decía un veterano regatista, o caso non e sair sair rapido senon sair ben, referíndose a esta regata.
Lembro que a primeira vez que fun, coa miña recién pintada (como case sempre) "Fungona" e tamén como case sempre sen afinar nada e con un mais novato que eu (que xa era decir), fixemos a primeira volta feitos uns desastres, co timón fora da agulla suxeto polo fiel, coa vela con unha volta e nin sei como non demos "cu arriba", rematou coa presencia de Uxío que se decatou dos apuros que estaba a pasar, embarcou e poidemos disfrutar dunha navegación agradable e sin sobresaltos.



No hay comentarios:
Publicar un comentario