sábado, 5 de julio de 2008

RUMBO BREST II

Venres, eran as 13,30 cando soou o telefono, xa estamos aqui!, era Moncho, coñecemonos con vento forza 4-5 que subeu a 6-7-8, eu que sei, alí tamén coñecemos a súa forza e xenerosidade, logo enterrándose polos areais do mar de Alborán. Fixo de ferreiro de mariñeiro, e nunca poderei olvidar cando estreamos os andamios para levar barcos en dous pisos, "vaite tranquilo desto ocupome eu" hoxe as estructuras aquelas, despois dun fin de semán currando en Cadaques, para facer o viaxe de volta, son outras. Vimonos na Illa, en Ferrol e de cando en vez falamos, que non imos levar barcos este ano?. Así que como non podía ser de outro xeito Moncho estaba en Cambados puntualmente, con Juan dous ourensáns que xa coñecemos. A foto a da "Lui" descargando en Cadaques, fixadevos porque pouco non se esnaquizou.APRENDEMOS .


E as 15,30 xa estaba Uxio coa sua xente da ACD. Dorna, logo José e Claudio de Vilanova (quen dixo que se xubilaran?, dous chavales, alguén pode contar os neumaticos que carrexaron?), mais tarde Anxo, Trepa (como nos vellos tempos -presidente!!-..... Fabián ... Pitín ... Joao ... Xose ... Jorge (o de sempre) e polo camiño viñan o Burbida con Xabier e un camioneiro que o tivo que recoller en Aldán onde tivo que resgardarse do temporal cando sendo fiel a súa tradición viña por mar para Cambados, tamén apareceron Belén e Fernando dende Chantada co barco de dornas (novo) Fernando manifestaba o seu medo a que escachara pois a madeira ainda estaba verde, o longo da tarde ... todos e as 19,45 estabamos camiñando con Moncho que ponfin tiña parada a tomar unha cervexa o bar da Lonxa, as 21,45 tiña que para e quería facelo no Carballiño, na casa.




Pouco a pouco, unha a unha, co noso Moncho "a tope" foron entrando e acomodándose, o peor foi meter a Meca, son barcos moi grandes e os camións son pechados, cousa qu opor outra banda e bon pois fan un viaxe tan longo protexidas do sol e do vento.








A nosa querida Nsa. Sra. da Agonia, paradoxicamente cantas alegrias con ela con Joao e agora cos seus fillos tamen veu Joao o pequeno -Joao, para cando a túa exposición dos mais de dez de xuntanzas de xornadas de bo estar.
Ahí a ven, atentos!!!, baixa.
A tarde escomezara con demasiado vento para cargar forza 4 e choiva, logo foi amainando e o rematar a tarde estaba tranquila, os últimos baros foi mais facil.


Vedes como vai o Barco de Dornas, con moito vento sería moi dificil, de feito o da Meca tivo as súas coñas.


Aquí está Moncho rematando a faena ca mirada atenta dos nosos. Rematara a faena. Ata Brest!!!.


En Vigo e Bueu cargarán o luns a tarde.












No hay comentarios: