lunes, 14 de julio de 2008

BREST 2 "ARRIBADA"

Como decía o martes sen dormir chegamos a Brest dende Vigo, malcomemos (como casi sempre nesos días) e fomonos directamente a Moulín Blanc, os nosos camións escomezaban a dar sinais de vida e xa estaban esperando os de Reiriz e Moncho cos seu colegas estaban a punto (si na carga nos votaron unha man, na descarga ..... Grazas outra vez). Chegaban todos pouco a pouco, os franceses, de entrada, pensaron un camión, cando chegou o 2º .... ata o 6º que poideron mirar ese día, puxeron as pilas, estos galegos iban en serio, escomezaban a mirarse coa cara de que ali tiñan traballo (tamén un 10 para eles, foron fundamentais), o martes apenas tiñamos movemento soio nos e algún que xa iba caendo, pouco a pouco e moito a moito as 7 da tarde (cando eles rematan) xa tiñamos valdeirados 4 trailers e quedaban os dous de Reiriz.



Outros barcos, outras nacionalidades escomezabamos a coincidir na descarga, a que vos recorda esta proa?













A foto non lle fai xustiza a beleza do impresionante "Phoebus" era un dos que pingando saían o mar cando as nosas embarcacións.

Así era como quedaba no mar, preparábanse para o forte vento.





Pouco a pouco e sen pausa, esperando a que subira a marea para levalos o "Port de Commerce" no "3º bassín" "Village Galicien". Si viña o sol, sudabamos si se iba pasabamos frio, o tempo non estaba bon, mais ben o contrario.
Pero bueno, non todo foron traballos e traballos, pola noite cando chegamos o "Village", estaba o Hidria amarrado e toda a tripulación estaba esperándonos, Jacobo, Sese, Fernando, a patrona coa sonrrisa mais bonita de Brest -Cris-, como no Alberto, os nenos, Xaime e Sofía e olvidaseme un nome, o da rapaza que estaba a bordo do Hidria. Por certo non vos perdades as fotos dos seus uniformes, causaron sensación.



Este barco ou outro como él debeu ser nomeado proveedor oficial de centolos da flota galega, será unha anecdota que alguns non esquencerán en moito tempo, non eran galegos, pero tampouco sabían tan mal e o seu prozo unha autentica gana, centolo francés.

Sorprendía de eles a súa tosquedade, fortes, robustos, esa estrana beleza a que os obriga o mar onde navegan.







E tamén os amigos, eses entrañables os que te vas atopando nunha e en outra, en Galicia en Brest, Thedo, Mr. Robinson ....... tivemos oportunidade de ir saúdandonos e coñecendonos un pouco mais. Unha magoa non entender francés falado, pois estiveron metidos nunhas xornadas organizadas pola revista Chasse Maree.

Alí mesmo rindeuse homenaxe o Thopaga.
Bueno ante todo Brest son barcos e cos barcos negocio, como tal elementos de reclamo por todos os lados e o bonito a sinfonia de coores, de uniformes













E barcos, como non, barcos hasta 2.000 tiñan previsto, o mal tempo fixo que as previsións baixaran, pero non se notaban un cento ou dous arriba ou abaixo.


De todolos tipos, tradicionais, clasicos, grandes, pequenos ..... barcos.










Tamén artistas de todolos tipos.














E espéctaculo, estes imitadores de La Fura, percorrían as rúas a todalas horas, ou batukeiros ou .... sempre actividade de atracción era imposible estar tranquilo sin ruido.











As fanfarrias ou grupos de cantores, a bordo dos barcos, fora dos barcos .....
Exercitos de xubilados adicados a dar salvas (agás en no V. Galicia) a verdade e que eran simpaticos e tiñan ganas de amosarse. (contratados polo Concello de Brest)
Sí, había barcos de todolos tipos, tamén impresionaba o super navegador "Tara", por certo o lado do V. Galicia, a verdade e que estamos moi ben situados, rodeados de goletas e grandes veleiros.
Non era dificil atopar variedade, si Vietnam e Madagarcar eran convidados de honra, ademais personaxes pintorescos percorrían as ruas, poidemos falor con Australianos, alemáns, croatas, noruegueses .... igual nos miramos en Tasmania ....
E os xaponeses no mesmo pantalán, curiosos os seus ritos e tamén a súa embarcacións coa particular forma de navegar bogando.
O principio gañaronos a partida, logo as gaitas e a padereta poideron con eles era cuestión de aclimatarse.
Así era esta imaxen de Brest, a feira a festa o negocio. Logo está a das xentes dos barcos e do mar. Esa é outra historia.

3 comentarios:

O´Fartura dijo...

Ola:
Parece que vos foi moi ben en Brest.
Noraboa pola parte que che toca.
Unha aperta mariñeira.

Mar dijo...

Bueno Fernando, parece que disfrutásteis de Brest.
Una pena no haber podido ir... Menos mal que entre tu blog, el de Fartura, el de culturamarítima y el de los Amics catalanes, los que nos hemos quedado en tierra hemos podido estar un poco al día de lo que se cocía por allí.
Esperamos que conteis más a la vuelta.
Un fuerte abrazo,
Mar

Fernando dijo...

Ola, Fartura, Mar:
parece que todo saeu ben, eu vinme na madrugada do luns, por eso as miñas fotos non collen mais que o arribar e a verdade e que tampouco andiven coa cabeza en sacalas, e ainda enrriba ca optica do "organizador", como fan ...., a ver si con tempo subo algunhas mais, pero me imaxino que xa pronto a paxina da FGCMF. vaise encher, había orden de sacar fotos a todo o que se movera ou estivera quieto. De todas formas e impresionante, chega un momento en que perdes a noción sobre a magnitude e non sabes a onde mirar con concreción.
Merece a pena ir e todo un acontecemento, navegar e dificil, comentabamo agora un que me decía que tiñan que ter moito ollo, moitos barcos o mesmo tempo, pero bueno, parece que todo foi moi ben.

Saúdos
Fernando