lunes, 31 de mayo de 2010

FACENDO CAMIÑO. IES FELIX MURIEL

O luns 31 de maio, tiven a oportuinidade de estar presente na presentación do traballo que sobre os nomes asociados os elementos propios da actividade no mar, das embarcacións, que estiveron a facer no IES. Falix Muriel de Rianxo. O Equipo de Normalización e Dinamización Linguistica do centro, desenvolveu durante tres anos o traballo, polo cal foron recoñecidos e premiados ano tras ano. Hai dous acompañado polo vicepresidente da FGCMF Francisco Fernandez Rei, os dous representando a mesma, tivera a honra e o pracer de asistir a presentación da primeira parte do traballo, agora lembraronse de nos e para o remate repetiron a chamada as persoas qeu aquel día os acompañaron a presentación de, O MEU MAR A MIÑA LINGUA.
(PREMER ENRRIBA DAS LAMINAS PARA VER)




Lembro de aquela, cando fora por vez primeira asombrarame a capacidade e a ilusión, amosada polo equipo, composto por alumnos e profesores do IES F. Muriel, eles son os responsables da elaboración das laminas sobre diversas embarcacións que ultimamente acompañan as publicacións da propia FGCMF nas súas representacións.
Un gran esforzo que nos tempos que corren veu menguado o seu orzamento, pero non a súa ilusión e traballo.


Entrevistas, fotos, debuxos, laboura de investigación que se plasma nunha revista, de onde son sacadas estas imaxes, así como diferentes laminas, adicadas a cada unha das embarcacións, que van dende a lancha xeiteira, tan rianxeira ela, como a canoa ou o barco da batea, tan propio xa dentro das nosas tipoloxías.

Para todo este traballo o seu esforzo desenvolveuse con entrevistas e recollida de datos no seu entorno e decir, dende o familiar ata o dos veciños e profesionais, carpinteiros de ribeira, asteleiros ... O resultado, de premio, non é para menos, polo que deben sentirse ben orgullosos.


O traballo e amplo en non dubidaron en achegarse a canoa ou as piraguas, onde atoparon a colaboración do clube de piraguismo de rianxeiro, así tamen se describen os modernos aparellos dos veleiros actuais, o que nos ofrece unha variada e interesante mostra do vocabulario, das voces, das embarcacións, tanto de traballo como deportivas.


As fotos acompañanse de texto superposto onde se sinala o nome do elemento, o que facilita a súa visualización e comprensión.
Agora a esperar que cheguen os fondos necesarios para establecer unha canle de difusión acorde coa valía do traballo.
Todo un pracer poder estar con eles, unha, mais outra vez. De aquela "Dornablog" ou "fungona.blogspot", non existía, pois foi antes de Brest, hoxe é unha honra dar conta de esta historia.



4 comentarios:

Fernando dijo...

Tendes que perdoar, o resultado da edición non é o que eu vexo na realización, haber si teño tempo.

Nautijorge dijo...

Que bo traballo. Parabens.
Levo tres semanas levando a rapaces para ver bateas e a ría en xeral, e aínda que me esforzo en explicarlles en galego, habitualmente non son galego falante, así que si houbese tido isto a man...
Apertas, Fernando.

joão marinheiro dijo...

Parabens à equipa pelo trabalho desenvolvido.
Abraço desde Viana

Fernando dijo...

Xa sabes Jorge IES Felix Muriel de Rianxo, teñen tamén unha web.

Joao, é un traballo moi feito, e como iniciativa, moi boa.