lunes, 10 de mayo de 2010

OS QUE FAN AS DORNAS

Que alguén teña pensado en poñerse a reparar unha dorna?, si pode ser. Eu mesmo, nunha ocasión pensei en facelo, a verdade é que menos mal que non o fixen, pois é complexo en función da fondura da reparación, unha taboa?, bueno, un costado? ... . Pero facer unha dorna requiere mais, Sobre todo requiere saber, e non soio de cortar taboas ou clavar puntas, requiere saber de barcos, de madeiras, de condicións e de aptitudes e despois de esto ser mañoso, pois unha dorna e un producto de inxeñería.

Coñezco varias persóas que fixeron unha dorna, unha. Pero mais de unha ... xa soio coñezo a dúas. Os motivos son variados, supoño que o primeiro é que hai que saber onde se mete un e segundo, facelo rentable, facelo rentable cos prezos que corren. E que eu son da opinión que hoxe en día facer unha dorna e barato, en calquera lugar por facer un barco nos cobrarían mais, pero aquí en Galicia, facer unha dorna eu penso que é barato, debe ser por como decían que "a dorna é o barco dos pobres", igual esto condicionou o seu prezo ano tras ano.

Como decía coñezo duas persóas que fan dornas, unha está en Riveira e a outra na Illa de Arousa. Cada un fai a "sua dorna" e decir o seu deseño, coas súas particularidades, por exemplo será dificil que Ramón Blanco faga unha dorna de "tilla corrida", a min dixome ..., si vamos pola de Domingo Ayaso, moi probablemente a dorna que esté a facer teña a "tilla corrida". Supoño que un, Ramón, fai dornas na praia do Cabodeiro, unde o "xurro" do rio Ulla, chega con forza, por onde baixa o "puallo" e chega a Rua. E o outro, Domingo, fai as dornas mirando a porta da ria, onde rompe o mar, onde Salvora da abrigo dos ventos que tratan de entrar a mesma. Non creo que sea unha razón estetica nin de economía, eu creo que é de orixen e de necesidade, adaptación o medio.


Despois penso que esto de facer dornas imprime marca, cando un visita a calquera dos dous carpinteiros a verdade e que o seus taieres, de entrada, parecense, salvando as distancias, porta pequena, unha fiestra por onde entra o sol e as paredes "adornadas" polas plantillas das varengas, que a dorna non ten cuadernas. Logo salpicadas de ferramentas e algun "poster" completan a súa decoración. Cada vez que entra un de nos (dos que non damos negocio), a resposta pode variar en función da hora e do choio. Lembro que a primeira vez que fun a Riveira a de Ayaso costoume un "algo" falar sen presa con él, logo non. Na de Ramón (son mais coñecido) foi algo parecido, agora e verdade e que xa non é así, cando entro pola porta da de "Moncho" (que cambadés!!, dirame), xa sabemos que imos ter farra, para de traballar e falaremos de dornas, de dornas, de regatas e de mil cousas mais de dornas e a tarde pasará placidamente, en tertulia, como si non oubera que facer mais, como si nos puxeran ali para disfrutar falando de dornas, sempre sin alterarse, recordando historias.

Hai uns días estiven pola de Domingo Ayaso, ibamos a encargar unha dorna para un amigo e casi volveu a a acontecer o mesmo, non coñezo o Sr. Ayaso, non podo decir como é, parece que as palabras que dí son mais espaciadas. Pero si poiden comprobar o seu xesto amable a súa faciana traquila e a verdade foi que me volvín a atopar falando de dornas con outro "facedor", sen presa, como si nos deran o tempo de balde. O final salvando as distancias entre as dúas persoas, tiven a sensación que esto de facer dornas, debe aportar pacencia e con ela dosis de amabilidade e semelloume que entre unha e outra carpintería non tiñamos moita diferencia, porque a tarde pasaba igual de rapido.

E o sair de ali, mentras viñamos de volta para o leste, pensaba en que non quedaba xa casi ninguén facendo dornas, algo que xa se sabe. Moncho sempre dí "esta e a última" e nunha de estás será certo, o de él é casi afeczón o de Domingo tera mais duración, vive das dornas, das reparacións e dos novos proxectos. Ali estaba a facer outra "Rabandeira", con destino Vigo oito metros de eslora carreirana, xa tiña folio e o alquitrén daballe coor e cheiro. Pero a verdade é que non é un mozo.
Mentras conducía, en silencio, non deixaba de recordar o que disfrutara da charla que tiveramos e das moitas que tiven e tiven con Moncho. Dos seus taieres, das súas personalidades (probablemente moi diferentes), da súa amabilidade, da súa sinxeleza.
E agora penso si para facer dornas non soio haberá que saber facer barcos, e coñecer madeiras e clavar puntas e ... O meior tamén hai que ter personalidade de facedor de dornas. Porque dornas, non as fai calquera.








5 comentarios:

Nautijorge dijo...

É un privilexio poder falar con calma con facedores de dornas, unha especie en extinción, afortunado Fernando.
E que traballo máis bonito, desde o meu parecer son como luthiers de barcos. Un arte pouco recoñecido.
Apertas Fernando.

joão marinheiro dijo...

Os construtores navais são seres especiais que demoramos a entender. Vivem o tempo a horas diferentes, encerram em si o tempo do crescimento das madeiras, nas mãos e na voz, por isso quando dão forma a um barco fazem-no com a mestria que só um mestre sabe. Os segredos aprendidos com o tempo tão proprio.
Visitar um estaleiro, e conversar com um mestre carpinteiro é um previlegio de alguns, de cada vez menos meu amigo, porque os mestres se findam como os barcos nas praias.

Uma viagem cheia de emoções esta que nos trazes aqui.
Abraço.

Fernando dijo...

Jorge, creo que sí luthiers é unha boa definición.
Joao, si teño claro que é un privilexio, si fixen esta entrada foi por esa característica que me pareceu ver nos dous, e o mesmo tempo, penso, duas persoas con caracteres diferentes, pero esta claro un mesmo fondo.

Hugo dijo...

Estar nun deses talleres ten algo de máxico, son intres especiais que un garda mentres agroma un sorriso nos beizos, inevitable, si, pero... Para que evitalo?
Luthiers de Barcos, Facedores de Dornas, Mestres, Artistas e Transmisores do noso patrimonio, da nosa Cultura. Galicia seguiría sendo Galicia se desaparecese a Consellería de Cultura. Mais Galicia non seguirá sendo a mesma se ficamos sen Facedores de Dornas.

Fernando dijo...

Tes razón Hugo, igual é que somos uns "urbanitas" antinaturales. A miña muller dime cando falo de esto que estou tolo.