martes, 2 de marzo de 2010

Que detalle !! (1)

Hai persoas que cando van a unha regata ou xuntanza o remate din aquelo de "outra camiseta mais, ... teño tantas !!", a todo hai quen gañe, a min gustanme, eu soio levo dende o ano 2.000 nas regatas e en esta historia de un xeito activo, por eso me imaxino que calquera dos veteranos teñen un patrimonio textil impresionante, si quixeron coidalo, algúns temos esas manías.
O que non poiden evitar é que non atope algunha camiseta que si teño como da regata de Rabandeira en Vilanova, que rematou xa hai uns anos. Ou que me falten outras que sobre todo por causa de traballo non poiden asistir, como é o caso das regatas que se celebran en Xuño ou Xullo, sei que teño, non todas, de Fasquía, e que non teño do Sepelo, pois son en Xuño e non sempre podo asistir. O mesmo coas dos Faros e Area Seba, no Grove, as da Dorna en Riveira que se celebran en Xullo. E outras que por causas varias me perdín.
Quen vexa que non aparece algunha e a ten, que a fotografíe e a envíe, o final forman parte do patrimonio de todos. Como as do Encontro, teño dende Rianxo, pero, antes facíanse camisetas?, faltanme Ribeira, Coruxo e O Grove.

Hoxe imos a entrarlle, e quero ensinarvos para escomezar, as miñas favoritas. Non quero decir que sean as meiores de estos dez anos, son as miñas favoritas, polos motivos que explicarei.
A 1ª corresponde a unha Volta a Illa de Arousa, no ano 2.000, foi a miña primeira regata e ademais coa miña 1ª dorna, que calma, menos mal que Isidro me acompañaba e pasamolo moi ben. Logo tamén clasificarei as camisetas, por exemplo esta sería no meu "catalogo" da categoría "festiva afeczoado sin mais".

Logo inevitablemente ben esta, sobre unha pintura de Xaquín E. Lopez Cuiñas, moi fermosa, fixemos o cartel da 1ª Regata do Albariño, foi a primeira experiencia como organizador, creo que na mente de todos esta esta Xuntanza-Regata como unha das mais divertidas de todolos tempos. Choveu ..... ventou, de aquí sempre lle terei un agradecemento especial a todos os participantes e en especial a xente de Lajareu, pois co día que facía, atreboado e vento da travesía (W) inestable, apareceron polo fonda da ría para participar. E marcharon con igual mal tempo.

Para esta crearemos a categoría de "artisticas".
E a terceira das miñas mais queridas e esta da Regata do Bao, e a miña regata preferida e tamén me parece probablemente a camiseta mais bonita que se teña deseñado.

E deseño do noso Felipe Vazquez Abal. Sinxela e descriptiva, moi equilibrada onde o negro resalta sobre o blanco con armonia, con un lixeiro toque de forza que lle aporta o anagrama da Escola e onde o remate deixa o sabor do mensaxe: Regata do Bao. Por aquela Felipe regateaba coa "Chispa" que logo lla roubarían, o seu compañeiro era Victor. Hoxe navega na Mª Dolores con Ricardo.
Agora tamén diferenciar outras "tendencias" ou estilos.
A esta chamaremoslle a "textil", está baseada e un producto de meior calidade textil do normal, regalase coa meior das maiores intencións, e con todo cariño e transcendecia de unha regata como é a Volta a Illa. A inscripción faise sobre un polo "pique" 100% algodon, a regata pasa a un segundo termo e aparece como testemuña, incluso vai nas costas, saimos todos "ghuapisimos" co polo.
O de abaixo e "criminal", creo que soio lle falta o de "podo saudar?". Que mais se pode poñer?, e que alguén non sabe que se trata de dornas?. Un pouquiño menos cargado e tería saido ben, penso.
Fixose para a Regata do Albariño, o responsable foi un tal Fernando Piñeiro Oubiña. Para poñelo en unha categoría faríamos a de "podo saúdar?"Os "etnograficos" e un recurso que sempre queda ben, moi socorrido, coller unha foto mais ou menos antigua e utilizala como argumento do cartel. Foi moi utilizado para as camisetas do Encontro. Nunca te mollas, non serás espectacular, pero non desentonas.
Rematamos hoxe con esta de Lajareu, está na categoría de "vale para todo", porque regálalo na regata e logo podes ulilizalo para vender camisetas, como uniforme da asociación, etc. é atemporal, non informa do ano nin da regata, apto para calquera estación en este caso ademais luce -o cal lles resulta facil, porque é bonito- o distintivo da asociación.
Como vedes en esta primeira entrada da serie, fixemos un rapido repaso pola xeneralidade, na seguinte entraremos en mais detalles. Non teño todalas camisetas das regatas faltanme como dixen, algunhas do Grove, algunha de Fasquía, as de Portonovo, si lle quitades unha foto e a enviades o meu correo podemos ir ampliando a colección e incluso facer " A marabillosa historia das camisetas de Regata".
Valorarase especialmente a aportación de fotos de camisetas canto mais antiguas meior, ainda que estén roidas dos ratos.
Alguén dubida que me gusta o deseño?.

5 comentarios:

Nautijorge dijo...

Fermosas as camisetas, aínda que a dicir verdade as de "podo saudar" tamén son as que menos gustáronme. Menos é máis.
Apertas.

Fernando dijo...

Veras que hai de moita variedade, a xente veterana xa non valora, pois teñen moitisimas, ademais cada tempada xuntanse con outro lote.
Non dan na regatas de cruceiros?

Saude

joão marinheiro dijo...

Preciosidades que se guardam Fernando.
Fiquei a pensar que a maior parte das camisetas que tinha dos encontros e foram já tantos, nunca lhes liguei muita importancia, e devia, se perderam já...

Abraço companheiro de navegações

Fernando dijo...

Ola Joao, para min son o recordo, dos bos momentos e das persóas que o facían posible, creo que non tirei con ninguhna, pode ser que a regalara, pero teño unhas cuantas e algunhas na categoría de "retiradas", son as que lle gardo unha imaxen especial. Ainda que agora o fotografalas, parece que xa quedan para sempre.

Nautijorge dijo...

Si, claro, nas regatas de cruceiros daban camisetas, que tamén coleccionaba ata o punto que durante moitos anos non tiven que comprar camisetas, logo, xa desde fai moito tempo, máis ben daban polos que, máis que un recordo da regata, convertéronse nunha especie de uniforme que viña a dicir de que levábaa: "eu fago regatas de cruceiro", e o que é peor, convertíache en anuncio das marcas patrocinadoras. Por iso deixaron de gustarme.