Xa vamos a rematar e non porque non teñamos mais camisetas, nin que non sean bonitas, senon que xa repasamos un pouco todolos estilos, entón esta e a última entrega.
Escomezamos pola sempre prestixiosa Volata a Illa de Arousa, para a ocasión recurreuse o topico, destaca o enfasis Da edición, e que a Volta pasaba dos 20 anos !!.
Grazas a Lino Prieto, que nos facilitou algunha foto de camiseta do Grove, esta, fiel o seu estilo, fai referencia a Regata que se celebra, hai tamén que apreciar, o gusto por ofrecer unha camiseta, con cariño, manifestase non soio no deseño, senon na coor, laranxa, nada tipico.
Un estilo tamén que recolle o didactico e este onde a dorna navega en tres posicións diferentes, e hasta con rizos tomados.
O inconfundible estilo de Felipe, manifestase en esta saída do Bao, imaxe moi recurrida para esta regata, pero non por eso deixa de ser interesante, pois cada autor, dalle o seu punto.
Agora unha que pretende ser sencilla pero expresiva, sobre unha foto, debuxase o esforzo de izar unha vela, toma protagonismo o home e a vela.
Dentro das "repetidas", como xa dixemos, a do Marisco, un ano unha coor.

A regata Lajareu, todo un clasico da tempada e clásica e esta camiseta, que por outra banda a algúns parecenos tamén fermosa.
Esta da Volta a Illa, realmente tiña un debuxo moi logrado e expresivo, matouna a execución das coores, pois aqui non podedes ver un "vivo" bermello que con todo o perdón era matador. A camiseta gana co paso do tempo.
E como artistica se pode considerar esta de Fasquía, tamén amosa o seu interés por agradar e o incunfundible "sello arousan", igual que a anterior o non estar provista de mangas.
Tamén hai otros momentos nos que recibimos mais camisetas, así temos o armario, faemos un repaso por unhas cuantas, de diferentes eventos e mesmo asociacións. Os "nachos" casi sempre teñen unha camiseta lograda como en este caso.
Probablemente do pintor de gamelas "Lorenzo", magnificos e expresivos lenzos, na web de Gameleiros Breadouro. A mín paréceme moi boa.
Fermosisimo e traballado esta dos Galos de Bueu
E non menos fermoso esta o "Luisa", abandeirado de Combarro.
Agora cando estou escribindo estas liñas comunicanme que a "Araceli" da praia de "El Palo" do Cube "La Espailla", esta a cruzar a ponte da Illa en ese peregrinar dende Malaga a Santiago de Compostela.

Aquí xa estiveron os amigos da praia de Pedregalejo, veciña da de "El Palo", co Astillero Nereo e o clube "La Barcaza", debo recoñecer que na miña retina figura sempre presente a imaxe da lancha de javega "Rosario y Ana" e do seu patrón Fernando Dols e compañeiros .... . Tamén podo decir que poiden bogar en ela o cal foi todo un pracer
E para rematar, quero enseñarvos esta, de embarcación, deseño do "bicho", en ela esta toda a expresión do seu promotor e armador Paco, a "Martola" evocadora da Mar e de Marta a súa sempre inseparable.
Que decirvos, .... FIN
2 comentarios:
Fantastica a viagem de memorias que nos proporcionaste.
E que saudosa a Martola e Paco e Marta.
Quem sabe um dia me atrevo a publicar fotos das muitas viagens juntas por essa Galiza...
Abraço desde Viana
ATREVETE!!!! O que tes ti non o ten ninguen
Publicar un comentario