
O que mais ou o que menos xa ten a vista posta en Muros, a verdade e que falta ben pouco, un respiro e xa estamos paseando as rúas maradans e disfrutando de todo o seu contorno.
A cousa promete, non se sabe cantos virán de afora definitivamente, pero o outro día falaba con un amigo vasco e confirmbame que nos veríamos en Muros, a verdade, pensando ben a cousa, non é doado vir hasta Galicia uns días, si non se dispón de tempo por non decir de medios, por eso vaia por diante o aprecio do esforzo de todos aqueles que se lian para estar con nos, pensemos que aindas as veces a nos nos costa asistir os nosos eventos. Pero a verdade e que un Encontro planificase dende todolos puntos, dos que o argallan e dos que logo contribuen o seu desenvolvemento.
Para os que somos de pobo, o Encontro e como a "festa" esa onde atopamos os amigos da nenez e que agora están fora, lembramos os momentos ledos da nosa historia e pasamolo ben.
Por eso a inquedanza polo que xa se vé, e que saia ben!!.
A estas alturas xa soio falta que a tarxeta teña saldo e pague o bo tempo, que se axuste ben o vento e o cociñeiro non faie, do resto encargamonos nos.

As fotos pasoumas Arturo Loureiro e en elas podemos ver unha magnifica estampa da tripulación de Pasaia na "Ameriketatik", fermosisima trainera con moitas aventuras e proxectos nas súas costas, marcharon para Pasaia bogando dende Cambados, dixeron que tiveron bon tempo e chegaron pronto.
Tamén J. A. Apraiz "Koiote" no Encontro de Cambados ensinounos como se "singa" en Euskadi, todo un artista co seu batel.
Rematará de pintalo a tempo de Muros? Atopará o que él busca para que luzca fermoso e acorde coa súa edade ?. Voltará a "Ameriketatik" a repasar a todo aquel que teña o atravemento de bogar contra eles?.
Todo esto, e mais veremolo en Muros09, xa queda menos !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario