viernes, 19 de junio de 2009

O QUE É

Esta entrada gustaríame escomenzala saúdando, pois é a entrada de un venres, de unha mañán, que coma todolos días para min escomeza polos portos de Cambados, pois non vaia a ser que se mova unha pedra e descoloque o equilibrio das cousas, é unha entrada de mañá, de sol de día de traballo de, do que está acontecendo, ...

como decía Bos días!!, todolos venres sei que os barcos do cerco (Cambados ten unha importante flota cerqueira de sempre) están a botar os aparellos en terra, hai un movemento baseado no "hasta luns!!" e sempre está ben, porque chega o desexado descanso, pescarase ou non se pescara, e decir con mais quiñón ou con menos quiñón, apuntar que estos meses non está entrando o peixe que se esperaba, agás un pouco "cabalón", polo que a xente do mar, si podía estar leda, pois ... menos leda, os tempos apuran e xa o dito fala de que "movete compañeiro que o mundo non se para" , e é verdade o mundo non se para.


Dios!! e tanto que o mundo non se para, soio imos dar un repaso polas fotos. Nos portos como Cambados o cerco supuxo unha forte entrada de cartos, e grazas a él moitas economías subsistían o que non quere decir que viviran ben, e moitisimo menos que as condicións de traballo non foran extremadamente duras e polo tanto dificiles de soportar para os mariñeiros, en demasiados oficios se mal vivía pero os tempos mudan, estamos onde estamos e sucesión de fotos que sirvan para pensar a cada un o que queira, eu sego a escribir o que me ben polo miolo en este momento, non sin unha base moitas veces expresada.

Cambados na pesca, para min era como Galicia, moitos barcos moitos homes pero sen caladoiros ou o que é o mesmo sen praias.





O "Serviola" era o barco do pai de unha amigo meu, Lalo, e así como os dos "Persebellos" (sempre se chamán Capricho) ou os "Polos" ( alcumes de familias de armadores), forma parte de todos aqueles que, cando fora, botaba as redes en terra e o "rapas" pasaba a orde coa hora para embarcalo e os homes da foto (quitada do blogue do fotografo Apariz) forman parte hoxe da Historia e da Cultura de este pais.

Todo segue "casigual", ou "nadaigual" quero decir que seguen a andar a detrás da sardiña, cada vez con medios mais precisos, seguén a desembarcar as redes, agora os venres a mañán, seguén a usar unha prenda para protexer a cabeza, antes a boina agora un flamante casco, seguén a ser algúns dos mais baixos no escalafón economico da nosa sociedade do mar, antes mariñeiros galegos das familias dos barrios menos favorecidos, agora cada vez mais "inmigrantes".

Por certo sempre haberá algún que esquenza o casco ou non poña a boina.
O cerco sempre foi así, e grazas os nosos inmigrantes, porque senon a flota tería problemas e a alta inversión que se produce en cada embarcación estaría paralizada e polo tanto perdendo cartos.




Pero ollemos porque uns metros mais adiante atopeime outras das novas "clases" dentro mariñeiro galego os "rañeiros", esta é unha das causas de que non teñamos xente traballando no cerco, moitos queren ir o raño, non imos a entrar na relación "ingresos-tempo de traballo", mais ainda cando non están determinadas as enfermedades profesionais que se poidan derivar de un ou outro "novooficio".

Soio quero decir un par de cousas:

A primeira, Cambados como Galicia que cada vez está quedando sen caladoiros, quedou sen praias, para min unha mala politica dos representantes dos mariñeiros cambadeses provocou que no reparto das concesións de marisqueo Cambados quedara a expensas da caridade das outras vilas ( O Grove e Illa de Arousa). Sempre lembrarei polos anos 80 cando uns adicabanse a ordenar outros poñían en marcha a maior maquinaria de furtivismo coñecida na ría, maravillosos pilotos de planadoiras de madeira (logo virían outras), evolucionadas a partir da deformación de un loro (que se chamaba "Mariana") con un motor primeiro de 5 CV (Volvo Penta) e logo 28, 48 (Yamahas) ... escapabanlle por destreza e velocidade a "lanchita" da Comandancia. Famosas foron as regatas de planadoiras (de madeira nas festas da Valbanera) que logo tiveron que ser suprimidas. Bueno de esto paro aquí, soio decir que Xastelas que é unha praia da Illa era coñecida (ata en algún folleto turistico) como praia de Cambados.


E o segundo: Afortunado foi o día en que alguén espabilou e puxo o xermolo para que estas imaxes do venres sexan unha realidade. Son os antes "furtivos" (e non peiorativamente) cambadeses preparando a semente da ameixa para poder traballar. Son os mesmos expertos pilotos das planadoiras e das outras planadoiras (algunhs) e que hoxe unha mañan de venres, praparan a ameixa traida da "jacherí" para levar a batea a medrar.


Parabens!!


Logo como era venres e ademais "fin de curso", fun o colexio dos nenos era o "festival" e poiden tirar a última foto que vos poño e que a min tamén me gusta moito.


E que este dos nenos como día a canción eche un "Guanderful Gorld", canción que sempre me gusta.


Saúde !!!. e si queredes podedes escoitar DUAS versión do "Guat Guanderful..."



2 comentarios:

Mar dijo...

Hola Fer,
Prueba introducir esto el código de la casilla "insertar" al final de tu entrada en edición html.
http://www.youtube.com/watch?v=c5IIXeR5OUI&feature=related

Ya me contarás
Bicos

enredada dijo...

Fernando estás que te sales, corazón!!! Qué hermosa y lúcida mirada a ese preiciosísimo trozo de la ría!
Me alegra ver esa cría de almeja en manos de esos hombres cambadeses de tan curtida historia y esas cabezas de niños de guenderful gorld.

Felicita a Balboas de mi parte.