jueves, 27 de noviembre de 2008

MOLICEIROS

A primeira vez que estiven en Aveiro, soio vira os "Moliceiros" das canles, das fotos, un motoriño paseabanos pola canle humeda, mentrás, viamos que bonito era Aveiro, a verdade e que me impresionou.
Xa me impresionara o barco, en Cambados, cando durante o Encontro, unha visión apareceu, pois foi así, na tarde do domingo un fermoso moliceiro baixou polas rampas de Sto. Tome e cun motoriño que non se via, navegou un cacho polo Encontro, eu que facía a seguridade do mar, non tiven moito tempo para velo, pero sí para quedarme coa súa estampa, impresionaba, xa vira fotos, pero a realidade é a realidade. Tal como veu marchou sin ruido.
Así as cousas cando tiven a oportunidade de embarcar en Aveiro, para seguir a regata dos moliceiros, non vos podo explicar a sensacións que tiña dentro, .... os moliceiros, pero non os das canles, os de verdade.
Por eso os ollos miraban primeiro pola Torreira, onde caían as primeiras fotos, que por suposto non están aquí, logo a realidade no fondo da ría, onde o noso barco non tiña calado, alí viñan ..... erán eles nunha potente empopada ... pouco a pouco escomezamos a velos. (agora música de pelicula por favor).
(Recomendase, clicar nas fotos si queredes detaie, ainda que non todas abren)

O lonxe aparecían as velas, mesturadas coas ouvellas que o mar facía.
Pouco a pouco ibamos contando cantos podían ser Logo xa adiviñadas as fasquías recrebamosnos na súa vista, mentras escoitabamos as estratexias, e de quen sería probablemente o gañador, cousa que xa me resultaba coñecidaTamén poidemos comprobar, que erán humanos e os paus de madeira.
Pero sobre todo, que fasquía, que "chulería", como andaban.


Así na foto de alguén, roubada en internete, os vira eu. Mais non é moliceiro.


E logo de esa experiencia, chegou o momento de recrearse de coñecer as tripulacións, por respecto nunca lle saco fotos as xentes, terei que perder o respecto, porque así poderíades velos aquí.


E agora o que vos quería decir:

Esto é un atrevimento, espero que alguén me perdoe, pero que tamén vexa que non hai mala fé senón admiración. Espero que si pasa por aquí Joao, nos dé unha correcta formación.
Dito esto direivos que, sempre me impresionaron os moliceiros, esas embarcacións, hoxe obxecto turistico na ría de Aveiro e moi pouco usadas no seu fin natural.
Ainda que bueno si facemos traslacións, carrexar “esterco” (na miña terra) e carrexar turistas, ambas son actividades economicas.
Detaie das proas dos gañadores.

Como os galeóns, motores da economía, adicados o transporte e maioritariamente a recollida do "moliço".
Cando os vin falaronme que pola Murtosa, Estarreja ou Torreira ... ainda podería ver algún pero o seu futuro e incerto, xa non hai molices nin carpinteiros, unha vez mais queda a súa existencia nas mans de asociacións ou particulares.
O moliceiro abate o seu pau e pasea polas canles.

O moliço son algas, que antes se recollían para fertilizar, agora temos os quimicos. Supoño que tamén faenarían con algun aparello. Nas costas abertas do Atlantico o moliceiro rompe a ola coa súa proa para sair a dar o lance co arte da Xabega.
De todolos xeitos o que me impresionou cando os vin foi a simbiose do home e o barco, onde nacen os molices?. .... na proa do moliceiro.
As facianas o seu gusto polo detaie o amor pola embarcación, pais, nais e fillos, familias o redor do barco, xeneracións.
O ramos de froles, na proa ...... , non sei foi lago moi bonito, algún día voltarei, pero non por Aveiro, senon polo fonda da ría, polos pobos dos moliceiros.
As súas pinturas, supoño que noutro tempo terían similares connotacións, sempre antes e agora: relixion, familia, país, ... disque na epoca do Salazar funcionaba a censura para estas pinturas, non me estraña, é un xeito de expresión do pobo. Pensemos que pasaba aquí en tempos de Franco.
Alí tamén coñecian a esa/e individuo/a, chamado crise.
Estas popas fan referencia o traballo diario.

O santo, a relixión
Os oficios ....
As praias, o sol ...... Aveiro, tamén e famoso pola súa barra e as casiñas de baño, fervedoiro de turistas.
Os orixenes, vellos tempos para o recordo.
Tiven o privilexio de seguir unha regata de moliceiros por mar, realmente toda unha experiencia.

7 comentarios:

barcoantigo dijo...

Boas Fernando, fantastica a reportagem. no proximo ano em principio vamos organizar a 2ª mostra de embarcações de Aveiro e desta Vez vamos todos navegar juntos.
Abraço desde Viana.

bou de vara dijo...

falando de baixar nivel, joer, vaia curro. de luxo.
saúdos tamén de nacho, a ver se manda fotos dos 10 anos do valle inclán, e tamén do catamarán que van mover para a semana polo mediterráneo

Fernando dijo...

Joao, a verdade e que fixen esto con respecto e medo, pois non son o mais indicado, a verdade e que para min velos no mar ... e as familias, foi impresionante. Por suposto, ti ou calquera, tes liberdade para facer suxestións e correccións.

Grazas Xaquín, pero non acabo de entenderme co formato.
O xefe de arriba é o que sabe dos barcos.
Será bonito ver o Valle, ten que ser impresionante.

joao madail veiga dijo...

Oh pá,como é que eu nãoconhecia este blog????

joao madail veiga dijo...

E mais, a fotografia com a legenda
" Así na foto de alguén, roubada en internete, os vira eu."
não é um moliceiro, é um barco de arte xávega, que andam no Mar.
trem a proa também ao estilo, mas são barcos de Mar enquanto os Moliceiros são de Ria.

Fernando dijo...

Obrigado Joao Madail, esa aclaración xa a estaba a esperar eu, pois ainda que non o sabía mesmo desconfiaba, pois xa non me parecía, a estetica mais a proa, pero o ver a popa ... non, non.


Perdóe polo meu atrevemento e grazas pola súa aclaración.

Unha aperta
Fernando

joao madail veiga dijo...

Aqui tens um site da arte, mas há mais em google.

http://olhares.aeiou.pt/arte_xavega/foto1405677.html