Despois do Bao chega o Albariño, parece que foi onte e xa van IX ala. O 9 de agosto chegaballe o turno a regata de Cambados.
En primer lugar xa que quede claro que o que escribe é un dos que cada ano cubre o expediente de organizala, polo tanto agás os datos estrictamente adicados o deporte os outros están marcados por un sesgo, que tratarei que sexa o menor, en último caso sempre será a miña visión.
Despois de esto, escomezaremos decindo que esta regata non é a priori a meior en nada, pois o principal e un bo campo de regata e Cambados está moi limitado, por eso determinalo nas augas que temos as veces resulta dificil pero é o que temos. Tampoco é a que mais xente ven, para eso están as la Escola. Cando era polas mañáns tiñamos festa pero agora que é pola tarde nin eso. Agora sí e a única que ofrece trofeos únicos e premios de mantemento e engorde, e ademais gustanos pasalo ben -como a todos.
Este ano non estaba previsto nin moito nin pouco vento, pagarase o xusto, pero si o suficiente para andar ben, por eso plantexamos unha regata longa, logo a realidade fixonos variar sobre a marcha e co permiso dos interesados acortamos o percorrido, o cal resultou un acerto, ainda que sempre nos quedará a incognita de que si a "Necora" pillaría a "Cariñosa" que o final remataron 2ª e 1ª. O interés a nivel deportivo estaba en ver cal de estas dúas dornas acadaría meior posto , pois eso podería decidir o Trofeo Galicia, no que se daba un empate técnico.
Así as 16,20, casi puntuais demos a saida, unhas 32 dornas xuntamonos, o vento estaba do Oeste así que plantexamos de saida unha bolina para ir hasta a baliza do Orido, bolina dura, onde os participantes teñen duas opcións bolinar rumbo a Illa de Arousa ou percorrer o Serrido cara a Toxa, sempre está ahí o dilema, ainda que haberá quen vaia en rumbos cortos tentando o camiño mais corto, neste pais hai de todo.
Casí todo o mundo se foi cara a Illa, a priori nun rumbo moi longo, pero tivo os seus froitos, o pasar pola baliza do Orido para coller o "largo" que os levaba a Batea de Vixiancia do Bao, perto da Ponte da Illa, os primeiros foron os que colleron esta opción, "Cariñosa" "A Rona" "Fuxe" "Necora", dous do Grobe o dous da Illa, esa iba a ser a loita, ben sabemos que un erro pagase con postos o remate. Ata a batea poidemos comprobar que o percorrido era longo -para o vento que facía- e cumpria eliminar o segundo paso por este punto. por ali pasaron 1º Cariñosa, 2º A Rona, 3º Fuxe, 4º Necora e 5º Xarandeira, ata Cambados nun largo acercaronse as posicións, Rona-Fuxe-Necora nun aire cando viraban por S. Tome, detrás da Cariñosa estaba a Necora e a decir verdade comendolle distancia, logo a Fuxe coa Rona e logo a Xarandeira, a última bolina e empopada decidirían os postos: cariñosa, Necora e Fuxe, logo Rona e Xarandeira a partir de ahí o rosario dos restantes e as pelexas particulares, suliñar duas regatas, a que fixeron a Maristela e a Zenaida, que acadaron unha excelente clasificación entre o 10 primeiros.
Por certo o 3º a Fuxe con Parada pai e fillo, teñenlle collida a medida, sempre fan un bon posto.
A última foto: adiviñade de que quedaron, si, eses que están tan contentos.
Viñeron dornas dende a Illa, o Grobe, Ribeira, Vilanova, Portonovo e como non Cambados.
Esperemos chegar a vindeira edición a "equis".
A entrega de premios foi na Cultural de Cambados ali oubo viño para uns e xamóns para menos, para todos a merendiña.
Excelente o animo de todos é bonito atoparse cada fin de semán pasandoo ben, a seguinte "Pedras Negras".
As fotos de mar son do albúm de Olga, en Picasa. As outras da organización.
3 comentarios:
Unha bonita regata para ver desde o mar. Confeso que o pasei moi, moi ben.
Olga
Qué envidia me dais los navegantes...pero bueno no me quejo, que yo estaba en un molino precioso, en medio de un bosque donde hasta los teléfonos dejan de aullar, y los excell sólo pueden atacarme en sueños. Allí, la única cobertura que había era la de las hojas que el otoño comienza a arrancarle a los árboles.
Había un regato, donde ver flotar las cáscaras de pipas, fabricando la banda sonora a horas y horas de descanso del de verdad.
Creo que en medio de mi fin de semana de cuatro días, me alejé 800 metros para encontrar un sitio donde llamar, y... me confundí de número y os llamé a vosotros para contaros que no me funcionaban ni el micro, ni la cocina...:-) Ya te contaré las risas...
Sorry, corasao, pero yo aún no entiendo a la pda esta de los ...
Me gusta el azul que le has puesto al blog , y las nuevas fotos, sobre todo... la de tu risa.
Un beso de la Corleona.
Este blog anda un poco desactualizado...
Vamos a tener que tirarle de las orejas a su administrador ;-)
Mucho alquitrán para su administrador
Publicar un comentario