miércoles, 2 de octubre de 2013

PEDRAS DO MAR

Son un individuo de Ria adentro, de fondo de Ría da beira do "gran lago", onde os espumallos non chegan e o mar de fondo traenno as persóas, o mar a beira da miña ría trae vento, ouvellas, esterco e moitas outras cousas que eu non quixera, pero bueno, e o corso que colle a sociedade.
Sempre me gustaron os fieiros que fai o mar, igual "gustaron" non e a palabra mais correcta, pero si que é a autoestrada por onde o mar move una parte do seu contido de superficie. E quero sair nun fieiro, imaxinades que experiencia, vai de todo.
Despois de esta intro, tratarei de ir o caso que non e outro de que poucas veces saín pola porta Norte de Salvora e sempre que paso impresioname.
Este ano vindo do Encontro, do noso Encontro, caia a tarde o sol poñiase rumbo America e a "Fe en Deus" perdíase no mar rumbo a súa Povoa. E claro o menos que podía pasar era atoparnos coas pedra máxicas, exercitos, animais, cabaleiros inanimados, eses seres da mitoloxía arousán que descansan petrificados mirando por nos.
Eu non sei os seus nomes pero a verade e que ben podería darlle nome pois moitos de eles teñen personalidade para levalo por boca de cada un que os ve. Deixovos unas fotos para que disfrutedes como eu o fixen. Agora que o outono amenaza con levarnos o sol, co viño xa maduro.
Por certo si teñen nome decideo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 O de non saber como vai o do pothochop
 

Rua

Si premedes enrriba podedes velas mais grandes.

Saúde

No hay comentarios: