Outras veces xa sentín no meu corpo esa sensación previa, onde uns miran de se colocar, outros de preparar e moitos de se saludar, pois a Volta e punto de encontro. Outros tamén para gabarse da súa dorna nova, com
o era o caso de José un dos "chavales" do pelotón dorneiro que lucía flamante a "Lara Doce", feita por Domingo Ayaso.
A tarde díante da Escola, na praia da Canteira era mais que agradable, unha brisa da Travesía, así se lle chama en Cambados o oeste, decía que teríamos unha boa tarde de navegación.
A tarde díante da Escola, na praia da Canteira era mais que agradable, unha brisa da Travesía, así se lle chama en Cambados o oeste, decía que teríamos unha boa tarde de navegación.
Como decía os movementos propios da saida, ibanse producindo no medio dos saúdos e a contención nerviosa. Moitos tratando de coller unha boa posición. A saida sería cara o Sur en popa para discurrir en paralelo a Ponte e logo poñer proa o Faro da Lobeira.
E ahí os van!!! Como sempre quen sae meior???



Proa a Lobeira, ahí xa se escomezaron a poñer as cartas.
Pereka, Jalerna, Bazarra, Necora presentaban as súas credenciais o triunfo e despois de unha popa, unha de bolina, polo Bohído espallaronse as dornas, con un vento fresquiño, ideal para andar sin traballar, ou casi sen traballar, dependía das circunstancias. Tamén asomaban Caracola, Zenaida ....Xarandeira.
Imaxes fermosas de unha navegación decidida, onde os maestros da bolina puxeron mar por medio e o pelotón estirouse para compoñer unha imaxen chea de velas nun mar que brillaba o sol da tarde.
Ou moitos a un tempo. Foron pasando todos e a cousa era "pasen y vean", que ben ides a bailar.
Pero si poiden ver que pasou e que o remate dou coa clasificación final. A "Cariñosa" elixeu sair pegada a terra, bordeando os cons do Galiñeiro hasta chegar o con do Rebello, a Jalerna sigueuna así como os outros, pero a estes dous a forza do mar a correntada que os levaba as pedras doulles para mais, e decir non tiveron que facer o cambio cara a boca da ría hasta mais tarde, Pereka, Necora, Bazarra tiveron que cambiar e con esto "entregar" a unha "Cariñosa" onde a bordo Avelino "Checo" e Victor, sabían que estaban descalificados por ter saltado a boia de desmarque, unha magoa para eles, de ahí a meta ninguén os inquietou, detrás a "Jalerna" que sería a gañadora, seguida pola "Necora" e a "Pereka", despois a "Xarandeira" con Santi e "Pimón" e a "Mimela" da Escola con Salva e Adelino. E de 6ª a "Zenaida", si se pode decir a grata sorpresa, Paio e Juan Piñeiro, mantiveron o tipo toda a regata e a piques estiveron de entrar os trofeos, de 7ª "Fuxe" do Grove, os Parada, nunha fantastica remontada, pois no Bohido marchaban pola cola e tiveron que cambiar a vela. O octavo que me perdóe pois non sei mais.
Como decía ahí se decideu a regata pois a mar estivo "incomodo" hasta pasar ao Areoso, onde a correntada perdía a súa forza e a clasificación nos seus primeiros postos decidida.E como en todo volta que se precie o pasar polo Aguiuncho, polo Norte da Illa, unha calmería deseperou a mais de un, logo no Cabodeiro retomaban o ventiño que tranquilamente os achegaba o Bao.
E o quen non estaba peleando pola clasificación podía disfrutar dun fermoso paisaxe que nos ofrece o contorno da Illa. Anxo e Uxio na "Roxiña", conversaban tranquilamente cando os atopei, pasadas todalas dornas polo Areoso.
Resumen: Unha de aprosimasión, outra de lixeiras un chachacha e logo as lentas, para rematar co "libre albedrío", así foi a tarde da Volta. Como si de unha sesión discoteca dos anos 70/80 se tratara. Hasta seguro quen oubo que bailou pegado. E a quen non lle bailou a moza como se queixaba José pois non sabía que tiña a "Lara", que non iba. Noutra será José, señor José digo.
Tamén e de suliñar que debido as restriccións economicas, todo era feito "por nos" e sen coste para a organización, creo que foron os trofeos mais bonitos que vin na Volta a Illa de Arousa. As sardiñas de primeira, os mexillóns impresionantes e o traballo e as gañas da xentiñas da Escola da ACD. Dorna IMPRESIONANTES. Parabens !!!.
Tendes mais fotos no feisbuk.
2 comentarios:
Excelente crónica, Fernando.
E menos mal que andabas por alí. Xa nos víamos coa dorna peteirada polas "galiñas" do Galiñeiro.
Malena
Que va, hai patrona!!
Publicar un comentario