lunes, 31 de mayo de 2010

FACENDO CAMIÑO. IES FELIX MURIEL

O luns 31 de maio, tiven a oportuinidade de estar presente na presentación do traballo que sobre os nomes asociados os elementos propios da actividade no mar, das embarcacións, que estiveron a facer no IES. Falix Muriel de Rianxo. O Equipo de Normalización e Dinamización Linguistica do centro, desenvolveu durante tres anos o traballo, polo cal foron recoñecidos e premiados ano tras ano. Hai dous acompañado polo vicepresidente da FGCMF Francisco Fernandez Rei, os dous representando a mesma, tivera a honra e o pracer de asistir a presentación da primeira parte do traballo, agora lembraronse de nos e para o remate repetiron a chamada as persoas qeu aquel día os acompañaron a presentación de, O MEU MAR A MIÑA LINGUA.
(PREMER ENRRIBA DAS LAMINAS PARA VER)




Lembro de aquela, cando fora por vez primeira asombrarame a capacidade e a ilusión, amosada polo equipo, composto por alumnos e profesores do IES F. Muriel, eles son os responsables da elaboración das laminas sobre diversas embarcacións que ultimamente acompañan as publicacións da propia FGCMF nas súas representacións.
Un gran esforzo que nos tempos que corren veu menguado o seu orzamento, pero non a súa ilusión e traballo.


Entrevistas, fotos, debuxos, laboura de investigación que se plasma nunha revista, de onde son sacadas estas imaxes, así como diferentes laminas, adicadas a cada unha das embarcacións, que van dende a lancha xeiteira, tan rianxeira ela, como a canoa ou o barco da batea, tan propio xa dentro das nosas tipoloxías.

Para todo este traballo o seu esforzo desenvolveuse con entrevistas e recollida de datos no seu entorno e decir, dende o familiar ata o dos veciños e profesionais, carpinteiros de ribeira, asteleiros ... O resultado, de premio, non é para menos, polo que deben sentirse ben orgullosos.


O traballo e amplo en non dubidaron en achegarse a canoa ou as piraguas, onde atoparon a colaboración do clube de piraguismo de rianxeiro, así tamen se describen os modernos aparellos dos veleiros actuais, o que nos ofrece unha variada e interesante mostra do vocabulario, das voces, das embarcacións, tanto de traballo como deportivas.


As fotos acompañanse de texto superposto onde se sinala o nome do elemento, o que facilita a súa visualización e comprensión.
Agora a esperar que cheguen os fondos necesarios para establecer unha canle de difusión acorde coa valía do traballo.
Todo un pracer poder estar con eles, unha, mais outra vez. De aquela "Dornablog" ou "fungona.blogspot", non existía, pois foi antes de Brest, hoxe é unha honra dar conta de esta historia.



lunes, 10 de mayo de 2010

OS QUE FAN AS DORNAS

Que alguén teña pensado en poñerse a reparar unha dorna?, si pode ser. Eu mesmo, nunha ocasión pensei en facelo, a verdade é que menos mal que non o fixen, pois é complexo en función da fondura da reparación, unha taboa?, bueno, un costado? ... . Pero facer unha dorna requiere mais, Sobre todo requiere saber, e non soio de cortar taboas ou clavar puntas, requiere saber de barcos, de madeiras, de condicións e de aptitudes e despois de esto ser mañoso, pois unha dorna e un producto de inxeñería.

Coñezco varias persóas que fixeron unha dorna, unha. Pero mais de unha ... xa soio coñezo a dúas. Os motivos son variados, supoño que o primeiro é que hai que saber onde se mete un e segundo, facelo rentable, facelo rentable cos prezos que corren. E que eu son da opinión que hoxe en día facer unha dorna e barato, en calquera lugar por facer un barco nos cobrarían mais, pero aquí en Galicia, facer unha dorna eu penso que é barato, debe ser por como decían que "a dorna é o barco dos pobres", igual esto condicionou o seu prezo ano tras ano.

Como decía coñezo duas persóas que fan dornas, unha está en Riveira e a outra na Illa de Arousa. Cada un fai a "sua dorna" e decir o seu deseño, coas súas particularidades, por exemplo será dificil que Ramón Blanco faga unha dorna de "tilla corrida", a min dixome ..., si vamos pola de Domingo Ayaso, moi probablemente a dorna que esté a facer teña a "tilla corrida". Supoño que un, Ramón, fai dornas na praia do Cabodeiro, unde o "xurro" do rio Ulla, chega con forza, por onde baixa o "puallo" e chega a Rua. E o outro, Domingo, fai as dornas mirando a porta da ria, onde rompe o mar, onde Salvora da abrigo dos ventos que tratan de entrar a mesma. Non creo que sea unha razón estetica nin de economía, eu creo que é de orixen e de necesidade, adaptación o medio.


Despois penso que esto de facer dornas imprime marca, cando un visita a calquera dos dous carpinteiros a verdade e que o seus taieres, de entrada, parecense, salvando as distancias, porta pequena, unha fiestra por onde entra o sol e as paredes "adornadas" polas plantillas das varengas, que a dorna non ten cuadernas. Logo salpicadas de ferramentas e algun "poster" completan a súa decoración. Cada vez que entra un de nos (dos que non damos negocio), a resposta pode variar en función da hora e do choio. Lembro que a primeira vez que fun a Riveira a de Ayaso costoume un "algo" falar sen presa con él, logo non. Na de Ramón (son mais coñecido) foi algo parecido, agora e verdade e que xa non é así, cando entro pola porta da de "Moncho" (que cambadés!!, dirame), xa sabemos que imos ter farra, para de traballar e falaremos de dornas, de dornas, de regatas e de mil cousas mais de dornas e a tarde pasará placidamente, en tertulia, como si non oubera que facer mais, como si nos puxeran ali para disfrutar falando de dornas, sempre sin alterarse, recordando historias.

Hai uns días estiven pola de Domingo Ayaso, ibamos a encargar unha dorna para un amigo e casi volveu a a acontecer o mesmo, non coñezo o Sr. Ayaso, non podo decir como é, parece que as palabras que dí son mais espaciadas. Pero si poiden comprobar o seu xesto amable a súa faciana traquila e a verdade foi que me volvín a atopar falando de dornas con outro "facedor", sen presa, como si nos deran o tempo de balde. O final salvando as distancias entre as dúas persoas, tiven a sensación que esto de facer dornas, debe aportar pacencia e con ela dosis de amabilidade e semelloume que entre unha e outra carpintería non tiñamos moita diferencia, porque a tarde pasaba igual de rapido.

E o sair de ali, mentras viñamos de volta para o leste, pensaba en que non quedaba xa casi ninguén facendo dornas, algo que xa se sabe. Moncho sempre dí "esta e a última" e nunha de estás será certo, o de él é casi afeczón o de Domingo tera mais duración, vive das dornas, das reparacións e dos novos proxectos. Ali estaba a facer outra "Rabandeira", con destino Vigo oito metros de eslora carreirana, xa tiña folio e o alquitrén daballe coor e cheiro. Pero a verdade é que non é un mozo.
Mentras conducía, en silencio, non deixaba de recordar o que disfrutara da charla que tiveramos e das moitas que tiven e tiven con Moncho. Dos seus taieres, das súas personalidades (probablemente moi diferentes), da súa amabilidade, da súa sinxeleza.
E agora penso si para facer dornas non soio haberá que saber facer barcos, e coñecer madeiras e clavar puntas e ... O meior tamén hai que ter personalidade de facedor de dornas. Porque dornas, non as fai calquera.