martes, 28 de abril de 2009

ESCOMEZOU O BAILE

Nesto do baile, ainos que están sempre dandolle o corpo e quen toma un descansiño, ou fai outras cousas, eso pasanos a algúns que no inverno deixamos a dorna a descansar adicandonos a outras cousas ou polo menos intentando facelo e cando a metetoroloxía avanza os primeiros soles, alteranos o biorritmo e xa precisamos de unha dosis de alquitrán, droghadisión dirán. A verdade e que o arrecendo do producto ten algo...


Pois sí, xa respiramos os primeiros aires de alquitrán, con sol alto como debe ser, co barco quente (ou casi) como Dios manda, xa a ritmica lixa fixo presencia (ris-ras, ris-ras ...) e o persoal mais comprometido (ou con mais tempo) esta no "taio".


Foi divertido pasar unha tarde por Vilaxoan, onde a Escola ten o seu galpón de macro hivernaxe e atoparse coas caras de verán pintadas ainda de inverno, pero cos primeiro brotes da primaveira.


Uns lixando, outros pintando, outros deseñando o futuro do mundo e outros fumando un pitillo, todo un mundo divertido onde pasar unha agradable tarde de primaveira de marzo ventoso ou abril chuvioso?. Pero en todo caso xa esta aquí a ansia, os primeiros proxectos de saidas de idas e de ....


Como decía e divertido pasar unha tarde por onde ferve o pote. Cando decimos a Escola non somentes é porque porque alí se trate de ensinar a navegación, para min o da Escola vai mais por esa experiencia de compartir momentos, onde casi naide se sinte excluido e digo casi naide porque sempre haberá alguén. Ou outro que non tiña o día, pero a experiencia e que a pesares dos anos, uns veñen outros van, esa mixtura de "carcamán" (sin que lle parezca mal a naide) con un de aquí outro de ala, e como o caldo, a quen non lle gusta?. Tamén e certo que aparecerá outro con colesterol, asido lurico ou mal de oido, pero para gustos se pintan as coores, é o que lle da a "jrasia".


Despois de un par de días por alí tirei unhas fotos que comentamos
O metodo e claro, todos a unha, "gherrillas", comandos de intenvensión rapida. O obxectivo acabar sin miramentos (ris-ras-ris). Aquí homes (con ou sen barbear), mulleres e nenos, aal ataque!!
Tamén sempre haberá aquel que con delicadesa e cariño dará o toque persoal, que logo no mar quedará mais ou menos lusido. Vease a Yogui, con man de presisón remantando a "Caracola".
O bonito e ver como se van incorporando as novas xeneracións, Lino que cada vez e mais home, dandolle a brocha con cariño e detaie.
Vista aerea, concurrensia de traballo, a man do carpinteiro e a voluntariedade todo e unha.
O caso e votar unha man, para que despois dighan que esto ten distinsión de seso ou prosedencia.
Un descansiño unha conversa:
Eu estou deixando de fumar.
Eu tamén.
Calixto cambadés: aquí disfrutando con cariño (tamén quere deixar de fumar).
Os que non fuman votando unha parrafada. Lino, segue o seu.
Reunión:
Pois sí, eu quero deixar de fumar.
Eu xa deixei hai un mes
Nos tamén queremos deixar de fumar.
Nin o Macdonals iguala a oferta, pai e filla pasando a tarde (ris-ras, ris-ras).
Eles non fumán.
Haberá imaxen mais bonita que esta, a diversidade tematica.
Asi e unha tarde na Escola de Primaveira, repleta de forza e ganas de navegar. Aínda que sempre virá algún a decir ... Xa vou canso, cando ven o relevo?, pero o ano que ven estará alí, fume ou non fume. Si é que todo mundo quere deixar de fumar.
Por sierto aquí fuma quen quere e quen non quere non fuma, que mais da.

1 comentario:

Mar dijo...

Qué gusto ver toda esa buena gente de mar poniendo guapos sus barcos. Si lo supiéramos nos hubiesemos acercado a saludar, por lo menos.
Espero que podamos ver a algunos este fin de semana por Vigo, que está la dársena de A Laxe que da gusto verla llena de barcos tradicionales.
Por cierto, yo no fumo.
Apertas,